A 'nova normalidade' chega ás piscinas de Campolongo
Por Redacción & Mónica Patxot
Este luns 22 de xuño trouxo consigo en Pontevedra un paso máis cara á 'nova normalidade', neste caso a nivel deportivo, coa reapertura dunha das instalacións deportivas máis utilizadas polos pontevedreses, o centro deportivo de Campolongo.
Fíxoo máis de tres meses despois do seu peche, debido ao decreto do estado de alarma, xa que a instalación municipal pechou as súas portas o 13 de marzo pola incidencia do coronavirus.
A apertura de centro deportivo é completa no que respecta a as súas zonas deportivas, incluídas as de auga, aínda que baixo un estricto protocolo de seguridade e hixiene que deben cumprir todos os usuarios e profesionais.
Desta forma, segundo anunciou a empresa concesionaria, ademais de establecer un aforo preferente para os maiores de 65 anos, controlarase o aforo das clases a través da app de reserva e esixirase o uso de máscara nas zonas comúns. Tamén é necesario someterse a un control de temperatura á entrada.
Por outra banda habilitáronse puntos de desinfección para o calzado e estacións de desinfección persoal, e se contempla a renovación constante do aire e desinfección dos filtros, así como a auga da piscina e o material deportivo.
Esta nova normalidade deportiva trae ademais consigo a recomendación de non usar as duchas, aseos e secadores.