Conseguir os recursos para competir en División de Honra, un reto de altura para o Bádminton Pontevedra
Por Diego Espiño
Fundado en 2016, o Club Bádminton Ravachol Pontevedra traballa contrarreloxo para cumprir os requisitos económicos para o que será o seu debut na máxima categoría nacional, a División de Honra.
Precisamente ese ascenso motivou, superada a fase de restricións impostas polo Covid-19, un recoñecemento oficial á entidade deportiva por parte do Concello de Pontevedra. Así, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, recibiron aos integrantes do equipo que conseguiu o ascenso de categoría.
"Chegamos no 2016 pero o proxecto desde o principio foi ambicioso, porque Pontevedra era unha das poucas grandes cidades sen bádminton", recoñeceu antes os responsables municipais o máximo responsable do Ravachol, Jesús Pereiro.
Con todo o Bádminton Pontevedra vive estes días no medio de certa incerteza, xa que "o salto de categoría é enorme", sinala Pereiro. Tanto é así que practicamente terán que dobrar o seu orzamento ao pasar de "xogar 5 xornadas de concentración a xogar 14 máis play- off, e xa xogando na casa e fóra. Os gastos multiplícanse moitísimo", explicou o técnico.
Ademais "se queremos ser competitivos imos ter que fichar. É unha liga na que practicamente todos os equipos teñen xogadores estranxeiros".
Para todo iso "estamos na procura de patrocinadores", afirmou o responsable da entidade deportiva atopando a complicidade dun Concello que "no que estea nas nosas mans tentaremos botar un cable", recoñeceu á súa vez o edil de Deportes, Tino Fernández.
No encontro non pasou desapercibida unha circunstancia, que recibiron con curiosidade os responsables municipais, e é que o debut do Ravachol Pontevedra en División de Honra pode provocar que veña a disputar unha xornada de liga a gran figura española do bádminton, a campioa olímpica Carolina Marín, actualmente nas filas do Club Bádminton Pitiús de Eivissa. Claro que para Jesús Pereiro "a nivel deportivo mellor que non veña", rematou con humor. A ilusión polo menos seguro que ninguén lles gaña.
Relacionadas:
-
Desvelado o calendario para a estrea do Bádminton Pontevedra na División de Honra
Por Redacción |
-
O Bádminton Pontevedra 'pesca' dúas fichaxes en Londres para o seu proxecto en División de Honra
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol viaxa a Londres para poñer a guinda internacional ao seu primeiro proxecto na elite
Por Redacción |
-
O Bádminton Pontevedra pecha a súa quinta renovación, o internacional Gabriel Fernández
Por Redacción |
-
Noelia Gestoso, cuarta renovación do Bádminton Pontevedra
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol pecha a continuidade de Manuel Brea para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Ana Carbón, segunda peza confirmada para o proxecto do Bádminton Pontevedra na División de Honra
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol Pontevedra renova o seu capitán, Alejandro Nogueira
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O Bádminton Ravachol Pontevedra apúntase aos retos virais e lanza o seu propio desafío
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol pide á Federación non xogar o playoff e que confirme xa o seu ascenso a División de Honra
Por Manu Otero |