O Cisne fai oficial a fichaxe do pivote Gonzalo Carró
Por Redacción
O Cisne fai oficial a súa segunda fichaxe para a súa tempada de debut na liga Asobal. Despois de pechar a contratación do lateral Carlos Pombo, a entidade que preside Santi Picallo confirma a chegada do pivote hispano arxentino Gonzalo Carró.
A través dun vídeo difundido polas redes sociais, o exteucrista mostrouse "moi contento" e "agradecido por apostar por min". É consciente Carró que se trata dun ano moi especial e comprométese a "loitar o máximo posible para levar ao club ao maior nivel que podamos dar", sinalou.
Muy contento de anunciar que la próxima temporada volveré a la liga @ASOBAL de mano del @ClubCisneBalonm .
— Gonzalo Carró Castro (@GonzaloCarroC) June 27, 2020
Afronto está nueva etapa con muchas ganas y mucha ilusión! https://t.co/JFa8ZFpSny
Con esta fichaxe, o plantel cisneísta queda practicamente pechado para o inicio de competición. Desde a dirección deportiva só están pendentes de confirmar as renovacións de Pablo Picallo e Javí Vázquez, que están moi próximas a pecharse; mentres que negocian a continuidade de David Chapela.
No capítulo de altas, o club espera poder aumentar o seu orzamento coa incorporación de novos patrocinadores que permitan ampliar o plantel cun novo xogador de primeira liña.
Relacionadas:
-
Gonzalo Carró sofre unha luxación no seu ombreiro esquerdo e pasará polo quirófano o vindeiro xoves
Por Almu Dapena |
-
David Chapela pecha a súa renovación co Cisne: "Es un año que no me podía perder"
Por Redacción |
-
Miguel Simón, décima renovación do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne 'ficha' un novo patrocinador principal para a súa estrea na Liga Asobal
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne pecha a renovación de Daniel Ramos para o seu proxecto en Asobal
Por Redacción |
-
Asobal fixa en 43.000 euros o canon que debe abonar o Cisne para pertencer á asociación de clubs
Por Diego Espiño |
-
O Cisne fai oficial o regreso de Carlos Pombo
Por Redacción |
-
O Cisne pecha as fichaxes de Carró e Pombo e busca un primeira liña
Por Manu Otero |
-
O Cisne segue coas renovacións e asegura a continuidade de Álex Chan
Por Redacción |