Primeiros movementos no Leis pensando na próxima tempada
Por Redacción
Inmerso como está na preparación para o play- off de ascenso á Segunda División masculina de fútbol sala, que se celebrará a mediados de xullo, e sen saber por tanto aínda en que categoría militará despois do verán, o Leis Pontevedra empeza a sentar as bases do seu próximo proxecto deportivo.
O conxunto pontevedrés anunciou anunciado os primeiros movementos respecto diso, ambos os dous na portería.
Primeiro foi a saída do gardameta Marco, que se despedirá precisamente na fase de ascenso tras comprometerse para o seguinte curso co Atlético Mengíbar, equipo da Segunda División.
Para substituílo o equipo adestrado por Mikel Diestro apostou por talento novo, ao confirmar este luns como a súa primeira fichaxe a incorporación de Álvaro Cerviño.
Trátase segundo o club de "unha das grandes promesas do fútbol sala galego". Formado na canteira lucense de Os Meigallos Futsal e que este ano defendeu a portería da Selección Galega Sub-19 no Campionato de España.
Relacionadas:
-
O Atlético Benavente esperta o Leis do soño de ascender a Segunda (6-2)
Por Diego Espiño |
-
O Leis conxúrase para eliminar o Benavente na pelexa polo ascenso: "A un partido puede ganar cualquiera"
Por Diego Espiño |
-
O Leis sentencia na prórroga e está un paso máis preto do ascenso (3-5)
Por Almu Dapena |
-
Apoio municipal para o Leis antes da batalla polo ascenso
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Leis celebra a súa asemblea de socios de maneira telemática
Por Redacción |
-
O Leis ata o seu máximo goleador para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Os play-off de ascenso de Leis e O Fisgón xogaranse, oficialmente, sen público
Por Redacción |
-
Sen positivos na rolda de test realizada a Arousa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
Tres meses despois, o Leis volve traballar en grupo coa mente posta no ascenso
Por Manu Otero |
-
O Leis Pontevedra, preocupado polas lesións no regreso aos adestramentos
Por Almu Dapena |