O Arxil xa coñece a data de inicio da liga Feminina 2
Por Redacción
O CB Arxil xa sabe a data na que comezará a tempada 2020/2021 da liga Feminina 2 de baloncesto.
Será máis tarde do habitual, o sábado 3 de outubro. Para iso, o club pontevedrés terá que formalizar a inscrición para a categoría de prata do baloncesto español o venres 17 de xullo ás 13:00 horas.
Segundo informaron desde o a directiva, o aval bancario xa está preparado e a próxima semana farán efectiva a súa entrega e o pago da inscrición, cuxos requisitos foron aprobados na Comisión Delegada da Federación celebrada este venres.
"Será unha tempada moi complicada" para a que o club xa está a preparar novidades "por iso vaise con moita paciencia", comenta Liño Vázquez.
Así mesmo, faltaría por saber que equipos formarían o grupo 1 no que estarán o CB Arxil, o Cortegada de Villagarcia, o Celta Zorka de Vigo, o Baxi Ferrol, o Rosalia Pio de Santiago, o Maristas Coruña, o Adba de Avilés e o restantes sete equipos que decidirá a Federación.
Sistema de competición
A LF2 será a competición que adopte un cambio máis grande en canto a formato, crecendo en número de equipos ata un total de 42 clubs divididos en tres grupos de competición (A, B e C). Cada grupo xogará baixo o sistema de todos contra todos a dobre volta o que dará lugar a un total de 26 xornadas de competición.
Ao termo da Liga Regular, os catro primeiros clasificados de cada grupo pasarán á Fase Final na que se poñerán en xogo dúas prazas de ascenso. No lado oposto, descenderán de categoría os últimos clasificados de cada grupo así como o peor clasificado dos penúltimos.
O final da primeira volta está previsto que sexa o sábado 19 de decembro, mentres que a Liga Regular terminará o sábado 27 de marzo. Pola súa banda, a fase de ascenso disputarase do 8 ao 11 de abril.
Relacionadas:
-
Confirmada a configuración de grupos en LF2 para Arxil e Cortegada e sen o Peixe Galego
Por Redacción |
-
O Arxil formaliza a súa inscrición en Liga Feminina 2 e cumprirá 20 anos na categoría
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache renova e cumprirá a súa novena tempada no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil inscribe, esta vez si, o seu filial na Primeira Nacional confirmando o ascenso de categoría
Por Diego Espiño |
-
Noelia Masiá estrea o capítulo de fichaxes no Arxil
Por Redacción |
-
Natalia López, primeira renovación para o Arxil
Por Redacción |
-
O Peixe Galego dobra a súa aposta e formaliza a inscrición dun equipo na Liga Feminina 2
Por Diego Espiño |
-
Mayte Méndez inesgotable, vinte anos á fronte do Arxil
Por Redacción |
-
Aprobada a ampliación da Liga Feminina 2, que pasará a ter tres grupos de 14 equipos
Por Redacción |
-
Os equipos galegos de LF2 propoñen unha liga con 2 descensos por grupo e 3 ascensos vía play-off
Por Diego Espiño |