O Atletismo Rías Baixas abre o seu campus de verán
Por Redacción
O Club Atletismo Rías Baixas celebrará, unha vez máis, o seu campus dirixido aos nenos e nenas de entre 8 e 14 anos e no que participarán atletas internacionais e adestradores de prestixio.
Debido ás limitacións sanitarias impostas pola epidemia da Covid-19, a terceira edición do Campus trasladarase do CGTD á Illa das Esculturas da Xunqueira e as prazas estarán limitadas a 30 persoas.
O horario será de 10:00 a 13:00 horas do 13 ao 17 de xullo, e para inscribirse será necesario abonar a cantidade de 30 euros, 20 euros en caso de levar a un familiar.
Para participar non será necesario ter experiencia no deportes, xa que os directores do campus serán preparadores titulados con ampla experiencia na materia.