Pablo Dapena, ante a incerteza do calendario: "Si me dicen que esta temporada no se compite, me dejan más tranquilo"
Por Diego Espiño
As dúbidas que o coronavirus segue a provocar no deporte manteñen en albas aos profesionais do tríatlon, entre os que se atopan as figuras locais como Pablo Dapena, Javier Gómez Noya ou Saleta Castro, sen saber aínda en que probas poderán participar este ano mentres afinan a súa posta a punto con adestramentos cada vez máis esixentes.
Esta situación de incerteza afecta estes días especialmente ao calendario internacional, con carreiras que supoñen boa parte dos ingresos anuais dos triatletas profesionais.
Así, tal e como recoñeceu publicamente un campión do Mundo como Pablo Dapena, nos últimos días "3 triatlones que estaban en mi calendario post-Covid -19 ya han sido suspendidos y pasados para 2021".
Entre esas cancelacións atópanse eventos como o Challenge Almere-Amsterdam previsto inicialmente para setembro xunto ao ITU Multisport que xa fora aprazado, e cuxa organización explicou nun comunicado que "con todas as medidas de coronavirus que aínda se aplican hoxe en día, é imposible garantir a calidade do noso evento en setembro". Tamén o Challenge de Cidade do Cabo, en Sudáfrica, que ía celebrarse o 8 de novembro. Hai que lembrar que o pontevedrés pasou a formar parte esta tempada dos embaixadores mundiais desta franquía, tras dous anos no podio do seu ranking.
"Siendo sincero, si me dicen que esta temporada no se compite, me dejan más tranquilo y me quitan un poco el estrés que muchos de nosotros venimos padeciendo ante esta incertidumbre", recoñeceu Dapena sobre esta situación a través das súas redes sociais.
3 triatlones que estaban en mi calendario post-Covid -19 ya han sido suspendidos y pasados para 2021.
— Pablo Dapena Gonzalez (@pablitopiny) July 8, 2020
Siendo sincero,si me dicen que esta temporada no se compite,me dejan más tranquilo y me quitan un poco el estrés que muchos de nosotros venimos padeciendo ante esta incertidumbre
Cos mundiais de longa distancia e de Ironman 70.3 tamén suspendidos ata 2021, no calendario internacional de Pablo Dapena aparecen aínda dúas importantes citas, pero curiosamente a celebrar en dous dos países que actualmente contan con peor situación en relación ao Covid-19, como son o Challenge Florianópolis en Brasil (29 de novembro) e sobre todo o Challenge Daytona en Estados Unidos (6 de decembro) que foi catalogado como Campionato do Mundo de Media Distancia PTO cunha bolsa total en premios de 1 millón de dólares.
Tampouco Javi Gómez Noya é alleo a esta problemática, no seu caso cun ollo posto tamén nas Series Mundiais da ITU que estes días volveron a recolocar unha das súas citas. Así, polo momento, só se manteñen no calendario Hamburgo (4-5 de setembro) e Montreal (con nova data para o 3-4 de outubro), mentres que Bermuda está pendente de fixar a súa celebración.
Moitas dúbidas no horizonte mentres as follas do calendario seguen pasando. E o peor, a sensación de que en calquera momento todo pode volver cambiar.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena ve a luz ao final do túnel tras "unha das peores lesións que tiven"
Por Diego Espiño |
-
Javi Gómez Noya e Saleta Castro participan nunha travesía a nado solidaria en Oleiros
Por Redacción |
-
O Nacional Sprint de Tríatlon en Pontevedra, na corda frouxa
Por Diego Espiño |
-
Confirman a Pontevedra como sede do Nacional Sprint de Tríatlon, con Gómez Noya e Mola como principais reclamos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra, principal candidata a albergar en agosto o Campionato de España Sprint de tríatlon
Por Diego Espiño |
-
O reaxuste do calendario nacional de tríatlon podería aprazar o campionato galego de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
A "reunión social" particular de Gómez Noya e Pablo Dapena na Illa das Esculturas
Por Redacción |
-
O Challenge de Daytona, "motivación importante" a curto prazo para Pablo Dapena
Por Almu Dapena |
-
Os campións mundiais do ITU Multisport de Pontevedra manterán o seu título ata 2021
Por Diego Espiño |