Acondicionan as pistas de petanca e chave do Centro Sur de Campolongo
Por Redacción
As pistas de petanca e chave do Centro Sur, no barrio de Campolongo, están a punto despois da intervención realizada polas concellerías de Deportes e de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural.
A actuación consistiu no desbroce e limpeza das zonas exteriores das pistas, o lixado da madeira existente nos campos e a aplicación dunha man de lasur, o escarificado das zonas de xogos e a retirada das raíces e maleza existentes nas mesmas.
Tamén se efectuou un aporte de xabre e o compactado e nivelado dos campos, así como un tratamento antiherbas para atrasar a súa reaparición.
As concellerías dirixidas por Tino Fernández e Iván Puentes seguen avanzando nas actuacións de acondicionamento naquelas pistas de petanca que así o precisen, de xeito que poidan estar en boas condicións de uso cando se rematen de elaborar os correspondentes protocolos e se reabran ao público tódalas instalacións deportivas.
Esta intervención ten un orzamento global de 4.707,51 euros e forma parte dun paquete de obras que tamén incluíu o arranxo e mellora dos campos de petanca e chave da parroquia de Santo André de Xeve e que acometeu a empresa especializada en construcións, rehabilitacións e obras Garocaprim SL.
Relacionadas:
-
Pontevedra sumará este ano dez novas pistas á súa rede de campos de petanca
Por Alejandro Espiño |
-
Posta a punto dos campos de petanca e chave de Xeve e o Centro Sur
Por Redacción |
-
Acondiciónase a parcela situada detrás do Pavillón para acoller un novo parque con dúas pistas de petanca
Por Redacción |