Apoio municipal para o Leis antes da batalla polo ascenso
Por Redacción & Mónica Patxot
Chega o momento da verdade para o Leis Pontevedra, que despois de semanas de preparación disputará este sábado o seu primeiro partido na fase de ascenso á Segunda División de fútbol sala.
O conxunto pontevedrés desprázase a Benavente, onde se medirá co Albense (20.00 horas) por un posto na seguinte eliminatoria, prevista para o 22 de xullo á mesma hora fronte ao anfitrión Benavente.
Antes de poñer rumbo á localidade castelá, o conxunto pontevedrés recibiu os ánimos do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, nunha recepción celebrada no Teatro Principal.
"O feito de ter quedado segundos e de ter a posibilidade de loitar polo ascenso nunha tempada tan atípica é un mérito", sinalou o edil de deportes, mentres que o rexedor destacou o labor dun club no que "están facendo un traballo excelente con contención do gasto e aproveitamento da canteira".
Sergio García pola súa banda, director deportivo do Leis, quixo agradecer a implicación e axuda do persoal do Servizo Municipal de Deportes que "han hecho posible que pudiésemos llevar a cabo los entrenamientos en una situación francamente complicada", durante el último mes e medio.
Plantel e corpo técnico aínda tiñan unha cita máis, imprescindible antes da saída da expedición, e é que a última hora da tarde achegáronse ata a sede da Real Federación Galega de Fútbol para someterse a unha segunda rolda de probas de detección de coronavirus, tal e como marca o protocolo elaborado para o regreso da competición.
No caso de vencer o Albense e facer o propio o día 22 contra o Bevanevente, o Leis aínda debería facer fronte a unha terceira e decisiva eliminatoria para subir de categoría.
Relacionadas:
-
O Atlético Benavente esperta o Leis do soño de ascender a Segunda (6-2)
Por Diego Espiño |
-
O Leis conxúrase para eliminar o Benavente na pelexa polo ascenso: "A un partido puede ganar cualquiera"
Por Diego Espiño |
-
O Leis sentencia na prórroga e está un paso máis preto do ascenso (3-5)
Por Almu Dapena |
-
O Leis celebra a súa asemblea de socios de maneira telemática
Por Redacción |
-
O Leis ata o seu máximo goleador para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Leis pensando na próxima tempada
Por Redacción |
-
Os play-off de ascenso de Leis e O Fisgón xogaranse, oficialmente, sen público
Por Redacción |
-
Sen positivos na rolda de test realizada a Arousa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
Tres meses despois, o Leis volve traballar en grupo coa mente posta no ascenso
Por Manu Otero |