Adrián Ben pon o punto deportivo ao ciclo En3vistas: "O galego é unha das cousas que máis boto de menos cando estou en Madrid"
Por Redacción & Mónica Patxot
Está a piques de cumprir 22 anos, pero Adrián Ben é actualmente una das grandes sensacións do atletismo nacional, especialmente tras lograr a sexta praza no Campionato do Mundo disputado en 2019 en Doha na proba de 800 metros. O atleta de Viveiro foi protagonista este luns do ciclo En3vistas, posto en marcha pola concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra co obxectivo de visibilizar que o uso do galego na vida cotiá é cuestión de vontade.
Así o demostra no seu día a día este deportista, acompañado nesta ocasión polo xornalista de PontevedraViva Diego Espiño nunha charla que tivo como escenario a Avenida de Santa María, e na que sinalou que "para min é unha das cousas que máis boto de menos cando estou en Madrid".
Para o atleta lucense o idioma supón un motivo de orgullo, a pesar de que ás veces no deporte atopa complicacións: ""Cando compites en Cataluña a saída dase en catalán, cando compites no País Vasco a sáida dase en vasco, e cando compites en Galicia a min me gusta que a saída se dé en galego. Hai xente que o entende e hai xente que non, que se mostra reacia, pero o único que pido e que se nos respete", defendeu.
Ben reivindicou as opcións de converterse en deportista de elite desde Galicia, a pesar de que en ocasións falten instalacións como na súa Viveiro natal, sinalando a Pontevedra como un exemplo porque de feito "a miña preparación para Doha foi pasar aquí un mes adestrando, con Víctor Riobó", revelou.
Especialista no mediofondo, non quixo decantarse por unha distancia específica, aínda que si sinalou que o seu principal obxectivo son agora os Xogos Olímpicos, sempre que a pandemia o permita.
Adrián Ben aproveitou a ocasión para reivindicar as virtudes do atletismo e o potencial que existe no país, xa que "hai moito neno que está na casa sen poder facer deporte porque di que non vale para facer deporte e sería un lanzador de xabalina fabuloso por exemplo"..
Un pontevedrés de adopción como Javi Gómez Noya é para o "o deportista galego por excelencia", un atleta de talla internacional que non deixa de lado as súas raíces, como el tenta facer e expresar en todo momento. Así o demostra Ben ao recoñecer que cando logrou a mínima olímpica "todo o mundo me dicía, fixeches a mínima, e eu decía, e tamén record galego, para min era unha sensación que deus, que superpoder é este?". Unha humildade que non perde en ningún momento tendo claro cal é o camiño do éxito, "adestrar a tope tódolos días".
O ciclo de En3vistas pecharase o venres 27 de xullo na renovada ponte do Burgo coa artista pontevedresa Cora Velasco e Marcelo Dobode, un artista moi vinculado a Pontevedra e que é unha das grandes referencias da música galega.
Relacionadas:
-
Sés, Ledicia Costas e Ángel Carracedo súmanse ao ciclo 'En3vistas'
Por María José Pita |
-
Volve o ciclo 'En3vistas' con Carlos Blanco entre os participantes
Por María José Pita |
-
Atletismo de nivel internacional para celebrar as festas da Peregrina
Por Redacción |
-
O atletismo galego reactívase cun control federativo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Cora Velasco e Marcelo Dobode clausuran o ciclo En3vistas: "Daste conta de que o galego é un privilexio"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Sabela Ramil e Patri Hermida, no ciclo En3vistas: "O galego non implica facer unha soa música"
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O cociñeiro Javier Olleros e o promotor cultural Kin Martínez promoven a lingua galega en En3vistas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A actriz María Mera, primeira entrevistada en En3vistas: "Hai que falar galego e ensinar aos que veñen detrás"
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Cinco entrevistas na rúa para demostrar que o uso do galego tamén é sinónimo de éxito
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |