O Leis conxúrase para eliminar o Benavente na pelexa polo ascenso: "A un partido puede ganar cualquiera"
Por Diego Espiño
A liga é unha cousa e un play-off outra ben distinta, onde "a un partido cualquiera puede ganar". A iso agárrase o Leis Pontevedra para tentar eliminar ao campión do Grupo I de Segunda B e meterse na terceira e última eliminatoria da fase de ascenso.
Despois de superar na prórroga o Albense no seu primeiro envite do play-off, o conxunto pontevedrés regresa a Benavente para enfrontarse este mércores (20:00 horas) ao equipo local, primeiro clasificado no momento da suspensión con 61 puntos polos 48 que sumaba o Leis, segundo.
"Ellos son un equipazo. En el partido de liga nos pasaron por encima", recoñece Mikel Diestro, aínda que o adestrador cre que ese resultado de 8-3 pode mesmo xogar ao seu favor.
O importante en todo caso, avanza o técnico, é que "se juegue a lo que nosotros queremos", porque os xogadores do Benavente "a nivel individual son muy superiores".
Para o Leis será clave tamén "que nuestro juego de ataque sea mucho mejor". Por aí pasará unha eliminatoria na que os de Mikel Diestro aspiran a dar a badalada e situarse a só un último paso da Segunda División.
A boa noticia na expedición pontevedresa é que, quitando algunha molestia física de pouca consideración, todo o plantel estará ao dispor do adestrador para o duelo deste mércores. En xogo estará seguir soñando co ascenso.
Relacionadas:
-
O Atlético Benavente esperta o Leis do soño de ascender a Segunda (6-2)
Por Diego Espiño |
-
O Leis sentencia na prórroga e está un paso máis preto do ascenso (3-5)
Por Almu Dapena |
-
Apoio municipal para o Leis antes da batalla polo ascenso
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Leis celebra a súa asemblea de socios de maneira telemática
Por Redacción |
-
O Leis ata o seu máximo goleador para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Leis pensando na próxima tempada
Por Redacción |
-
Os play-off de ascenso de Leis e O Fisgón xogaranse, oficialmente, sen público
Por Redacción |