Confirmada a configuración de grupos en LF2 para Arxil e Cortegada e sen o Peixe Galego
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil e o AD Cortegada xa coñecen quen serán os seus rivais na Liga Feminina 2, tras a ampliación á que se viu sometida a segunda categoría nacional.
Segundo estableceu este martes a comisión xestora da Federación Española de Baloncesto (FEB), a LF2 estará composta por tres grupos de 14 equipos, quedando os galegos encadrados no Grupo A xunto a equipos de Asturias, País Vasco, Navarra, Estremadura e Canarias.
Na relación de equipos non figura finalmente o Peixe Galego, que solicitara praza para o seu proxecto feminino pero que era o segundo reserva establecido pola Federación no caso de haber prazas libres. Ao quedar só unha vacante, a deixada polo Aros León, os de Marín deberán esperar polo menos un ano para estrearse nesta categoría.
Desta forma no Grupo para competirán ademais de Arxil e Cortegada outros galegos como Universitario Ferrol, Celta e os recentemente ascendidos Masristas Coruña e Instituto Rosalía santiagués. O representante asturiano será o ADBA Avilés, os vascos Ibaizábal, Añares Rioja e Barakaldo, o Ardoi navarro, o estremeño Plasencia e os canarios Adareva e MagecTías.
"É un grupo de moito nivel, de moito desprazamento en autobús e desgaste físico e económico", valora o directivo arxilista Lino Vázquez, para quen "foi unha pena que ao final non entrase o Peixe Galego xa que nos evitaba ir a Plasencia".
Relacionadas:
-
Violeta Crespo sobe ao primeiro equipo do Arxil
Por Redacción |
-
Carla Fernández renova como temón do Arxil e cumprirá a súa undécima tempada no club
Por Redacción |
-
Un inicio de tempada en clave galega para o Arxil e o Cortegada na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O equipo feminino do Peixe Galego inscríbese en Primeira Nacional tras quedar sen praza en LF2
Por Redacción |
-
O Arxil blíndase na pintura coa fichaxe da internacional senegalesa Bineta Ndoye
Por Diego Espiño |
-
Estudantes e deportistas. 100% de aprobados na EBAU para as xogadoras do Arxil
Por Almu Dapena |
-
Acordo entre o Arxil e Heather Forster para a súa renovación por unha tempada
Por Redacción |
-
O Arxil formaliza a súa inscrición en Liga Feminina 2 e cumprirá 20 anos na categoría
Por Redacción |
-
O Arxil xa coñece a data de inicio da liga Feminina 2
Por Redacción |
-
A Federación Española denega a praza en Liga Feminina 2 ao Peixe Galego
Por Diego Espiño |
-
Aprobada a ampliación da Liga Feminina 2, que pasará a ter tres grupos de 14 equipos
Por Redacción |