A Federación Galega proclama ao Monte Porreiro club campión do circuíto galego de tenis de mesa 2019/20
Por Redacción
Boas noticias para o Tenis de Mesa Monte Porreiro. A Federación Galega de Tenis de Mesa (FGTM) acaba de proclamar o club pontevedrés campión do circuíto galego de tenis de mesa da tempada 2019/2020.
Segundo informaron desde a Federación, co fin de fomentar a participación no circuíto galego en forma de torneos e campionatos galegos, decidiron premiar ao Monte Porreiro con dúas mesas de competición por ser o club que máis puntos conseguiu ao longo deste ano.
A primeira foi por ser o club que máis puntos obtivo de forma global, é dicir, sumando os puntos de todos os seus xogadores a final de tempada. Pola súa banda, a segunda foi por conseguir os mellores resultados contabilizando a clasificación do medalleiro das olimpíadas, sendo o club que máis primeiros postos tivo en calquera competición ou proba.
Pola súa banda, desde o club agradecen á FGTM, á Xunta, e ao presidente, Jose Luís Cabaleiro, "esta gran iniciativa planteada a principio de temporada" e animan a "a gran familia" que forma o club para "seguir trabajando a tope".
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro celebra a súa volta á actividade cunha dobre xornada das ligas galegas
Por Redacción |
-
Atrasado ata xaneiro o inicio das ligas nacionais de tenis de mesa
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, no limbo
Por Diego Espiño |
-
O Monte Porreiro, á espera dunha instalación específica para seguir medrando
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro despídese de Europa por non disputar a Copa do Rei
Por Almu Dapena |