"Mejorar los resultados de la temporada pasada", obxectivos do Poio Pescamar para unha nova campaña sen data de inicio

Por Almu Dapena
A crise sanitaria polo coronavirus segue mantendo á espera aos clubs sobre cando comezará a nova tempada.
"Es increíble que todavía no haya una fecha de inicio", comenta Manuel Cossío, adestrador do Poio Pescamar. Aínda que é certo que saíu un posible calendario que data o comezo da liga para o 3 de setembro, "todavía no está aceptado", como tampouco o está se a categoría queda definida en 18 ó 19 clubs, dependendo desa cifra a competición empezaría antes ou despois.
O que tamén está no aire é o regreso aos adestramentos. "La idea es empezar el 3 de agosto, pero no se sabe cuándo será", explica Cossío, que ten claros os obxectivos deste novo ano: "mejorar los resultados de la temporada pasada, no renunciamos a nada".
O técnico pontevedrés buscará pelexar polo playoff do título de liga aínda que "está muy complicado", recoñece, "los rivales se han reforzado pero lo vamos a intentar". O que tamén van tentar é gañar a Copa da Raíña, "estamos a dos partidos del título". Será a fin de semana do 18 ao 20 de decembro nunha sede que aínda non está definida.
En canto ao plantel, tampouco está pechado. O adestrador confirmou que "completar la plantilla está complicado porque prácticamente el mercado de fichajes está copado. Estamos a la espera de fichar algo por fuera, que ya de por sí está difícil, con el COVID más que nunca".
Aínda así, está contento coas súas xogadoras, entre as que recupera a Antía, que empezará a adestrar co grupo en pretempada, e a Clara, que non estará lista ata decembro ou xaneiro. A pesar diso, recoñece que a intención é "mejorar lo que hay, si aparece algo interesante completaremos, sino no nos importa tener una plantilla más corta".
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar mudarase a Príncipe Felipe mentres duren as obras na Seca
Por Diego Espiño |
-
Dúbidas no inicio de pretempada para o Poio Pescamar, que busca polo menos un reforzo máis
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Poio Pescamar ponse en marcha e prepara a súa volta aos adestramentos
Por Diego Espiño |
-
Iraia Arbeloa, segunda fichaxe do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Luci, unha campioa de liga e de Europa como primeira fichaxe do Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
A RFEF profesionaliza a primeira división do fútbol sala femenino, un paso adiante para o Poio Pescamar
Por Manu Otero |
-
Así queda a Copa da Raíña para o Poio Pescamar e os play-off de O Fisgón e Leis
Por Diego Espiño |