O Cisne ou "club 17" debutará en Asobal na casa o 2 de setembro fronte ao Cuenca Ciudad Encantada
Por Redacción
O Club Cisne, ou 'club 17' como a Asobal decidiu chamalo no sorteo do calendario de competición celebrado este luns en Madrid, xa coñece o camiño que lle espera no que será o seu debut na máxima categoría.
Só un par de horas despois de que a asociación de clubs anunciase a exclusión de Cisne e Villa de Aranda do sorteo, leste tivo lugar con normalidade cambiando os seus nomes por un xenéricos 'club-17' e 'club 18', nunha clara medida de presión para tentar que entren a formar parte do organismo.
Sexa como for, e co convencemento pleno do club pontevedrés de que competirán na División de Honra ou Liga Asobal a próxima campaña, o Cisne debutará no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra recibindo ao Cuenca Ciudad Encantada. Esa primeira xornada disputarase o mércores 2 de setembro.
¡Ya tenemos los duelos que conformarán la Jornada de la #LigaSacyrASOBAL 2020/2021!
— ASOBAL (@ASOBAL) July 27, 2020
¡Los clubes @ASOBAL descubren su rival en el debut de la competición!
¿Cuál es, para ti, el partidazo del estreno liguero?
#elvalordenuestrasmanos #saboreaASOBAL #ASOBALisback pic.twitter.com/LJXOmZPj8i
Na segunda xornada pola súa banda chegaría o primeiro desprazamento, á pista do histórico Granollers. En canto ao derbi provincial, Cisne e Cangas enfrontaranse na xornada 4 (12 de setembro) no Gatañal e na 21 (20 de febreiro) no municipal pontevedrés.
Os de Jabato pecharán a liga tamén en casa fronte ao Puente Genil.
ACORDO CUN NOVO PATROCINADOR
Noutra orde de cousas, o Club Cisne pechou o acordo cun novo patrocinador que lle acompañará na súa estrea na máxima categoría. Trátase da firma EDF Solar, cuxo logotipo pasará a figurar na parte traseira do pantalón dos xogadores.
Relacionadas:
-
Un Cisne "feito a man" pide o apoio da cidade para o seu debut en Asobal
Por Manu Otero |
-
O Comité de Competición suspende provisionalmente o sorteo de Asobal no que o Cisne apareceu como 'club 17'
Por Diego Espiño |
-
Asobal exclúe o Cisne do sorteo da tempada por estar "pendente de completar documentación"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne finaliza a tempada con superávit pero "muy preocupados por los posibles rebrotes"
Por Almu Dapena |
-
Ao choio: O Cisne inicia inicia a preparación da tempada máis ilusionante da súa historia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Asobal fixa en 43.000 euros o canon que debe abonar o Cisne para pertencer á asociación de clubs
Por Diego Espiño |