Sergio Lorenzo, outro xogador que alternará o filial co primeiro equipo do Teucro
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro anunciou a renovación de Sergio Lorenzo, xogador que seguirá tendo ficha co filial pero que "será un fixo nos adestramentos de División de Honra Prata", sinala o club.
O canteirán terá unha misión similar á de Pedro Sánchez, confirmado tamén con ficha do segundo equipo pero chamado a ir tendo presenza no primeiro plantel.
"Estamos convencidos de que gañará confianza e peso no primeiro equipo xa que é un xogador polivalente que pode atacar en varias posicións tanto na primeira linea como na segunda liña", sinalou o Teucro tras a súa renovación.
Formado na entidade teucrista desde categoría alevín, Sergio Lorenzo únese a outros xogadores que ata o de agora pertencían ao segundo equipo e que ascenderán este curso para todos os efectos ao equipo de prata, como son Cristian Remeseiro, Roi Sierra, Jacobo Río e David Rey.
"Síntome cómodo despois de tantos anos", explicou pola súa banda o xogador. Ademais "espero que sexamos capaces de competir todos os partidos que se nos presenten durante a tempada, os resultados chegasen co traballo", declarou.
RENOVACIÓN Sergio Lorenzo se une al proyecto 20/21 “Me siento cómodo después de tantos años, son cosas que solo da el tiempo”
— S.D. Teucro (@sdteucro) July 27, 2020
Toda la información en nuestra web https://t.co/7DpcaUmXUv pic.twitter.com/v38gBn1xhu
Relacionadas:
-
O Teucro volve aos adestramentos sen contactos nin partidos de pretempada
Por Manu Otero |
-
O Teucro amplía o contrato de Iago Rodríguez, que dá o salto ao primeiro equipo
Por Redacción |
-
O extremo esquerdo Ricardo González, novo reforzo para o Teucro
Por Redacción |
-
Rebaixa nos prezos para unha campaña de socios do Teucro que é "máis que balonmán"
Por Redacción |
-
Alejandro Gómez, xogador do Teucro: "Renovo porque quero ter unha experiencia nun equipo de Prata"
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez, un comodín para o Teucro que alternará entre primeiro e segundo equipo
Por Redacción |
-
Cristian Remeseiro dá continuidade ás renovacións e ascensos desde o filial no Teucro
Por Redacción |
-
Roi Sierra renova co Teucro e consolídase como xogador do primeiro equipo
Por Redacción |
-
Jacobo Río, segundo ascenso desde o filial ao primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |
-
O equipo sénior feminino do Teucro convértese nunha realidade
Por Diego Espiño |
-
David Rey dá o salto ao primeiro equipo do Teucro
Por Redacción |