O torneo Cidade de Pontevedra de xadrez dá a volta ao mundo coa súa edición online
Por Redacción
De España a Arxentina, pasando por Rusia, Turquía, Hong Kong, Israel ou Mozambique. Representantes de ata 34 países participaron na edición online do Torneo Cidade de Pontevedra de xadrez que organizou a Escola Xadrez Pontevedra.
454 deportistas competiron neste torneo, sendo España e Arxentina os países que achegou unha maior representación.
Entre eles, destacaron o subcampión mundial e campión en Pontevedra en 2019, Alexei Shirov; o campión arxentino, Diego Flores; o uruguaio Andrés Rodríguez; os españois, campións de Europa por equipos, Pérez Candelario e Santos Latasa; o portugués Antonio Frois ou a sete veces campioa de España, Mónica Calzetta.
O torneo disputouse na plataforma de xadrez lichess.org, baixo a modalidade area. Dúas horas sen pausa, a un ritmo de xogo de 3 minutos máis 2 segundos de incremento por xogada. Unha opción moi dinámica e divertida na que os afeccionados puideron gozar da experiencia de enfrontarse aos seus ídolos do xadrez.
O galego Luís Medarde, mestre FIDE do club Xadrez Verín, foi o máis rápido e preciso. Nas 2 horas de xogo, foi capaz de disputar 22 partidas, cun balance de 16 vitorias, 2 empates e 4 derrotas.
Na segunda posición finalizou o mestre internacional ruso Oleg Vastrukhin con 18 partidas xogadas, 15 vitorias, 2 empates e 1 derrota; mentres que terceiro foi o campión arxentino Diego Flores e cuarto Alexei Shirov, ambos os dous invictos, pero con só 17 partidas xogadas.
Relacionadas:
-
David Fernández debuta no Campionato do Mundo Absoluto de Xadrez para persoas con discapacidade
Por Redacción |
-
A Escola Xadrez e Xadrez Latino de Arxentina organizan un campus iberoamericano
Por Redacción |
-
O prometedor xadrecista da Escola Xadrez, Rubén Fernández, asina un dobrete nos nacionais sub 16
Por Redacción |
-
O IX Memorial Ramón Escudeiro Tilve de Xadrez, en liña e co subcampión mundial Alexei Shirov
Por Redacción |
-
O coronavirus deixa a Pontevedra sen as súas clásicas partidas multitudinarias de xadrez na rúa
Por Manu Otero |
-
A Escola Xadrez representará a España no Encontro Internacional de Confraternidade contra Uruguai e Arxentina
Por Redacción |