Segundo posto para o Supermercados Froiz no trofeo Xacobeo
Por Redacción
Cinco metros separaron ao Supermercados Froiz da vitoria no trofeo Xacobeo celebrado a pasada fin de semana na contorna de Gondomar, onde estaba situada unha liña de meta sobre a que o corredor alimenticio Marcos Jurado viu como se lle escapaba o triunfo que caeu en mans do campión de España de ciclocrós, Felipe Orts.
Despois dunha dura ascensión ao alto da Tebra na que o grupo de escapados, entre os que estaba o triatleta Gustavo Rodríguez, foi neutralizado, o pelotón accedeu ao circuíto final de Gondomar no que os ataques dos ciclistas do Froiz e o Rías Baixas foron constantes.
Nos últimos quilómetros de carreira produciuse un corte de 25 corredores entre os que estaban os ciclistas do Froiz Marcos Jurado, Samuel Blanco e Adrián Barros. A vitoria decidiuse ao sprint, ao que Jurado chegou moi ben posicionado pero cando xa case rozaba a vitoria Felipe Orts pasouno practicamente sobre a liña de meta.
Desde o conxunto pontevedrés poñen en valor o "moi bo traballo de todo o equipo" e pechan a súa participación nesta competición na provincia de Pontevedra con "bo sabor de boca".
Relacionadas:
-
O Froiz entra en modo Campionato de España
Por Redacción |
-
O sprint final deixa ao Supermercados Froiz sen opcións no Memorial Ángel Lozano da Copa de España
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz, preparado para un novo asalto á Copa de España
Por Redacción |
-
Samuel Blanco termina segundo na Vuelta a Zamora
Por Redacción |
-
Test de rendemento no Froiz como paso previo á volta á competición
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz concéntrase en Manzaneda para preparar o inminente regreso das carreiras
Por Redacción |