Gonzalo Carró sofre unha luxación no seu ombreiro esquerdo e pasará polo quirófano o vindeiro xoves
Por Almu Dapena
O regreso a Liga Asobal do pivote hispano-arxentino Gonzalo Carró (Chalo) viuse truncada pola súa lesión de ombreiro esquerdo pola que terá que ser intervido o vindeiro xoves na Coruña, segundo anunciou o Cisne. O xogador cisneísta sufriu unha luxación tras caerse nun adestramento.
"Intento ser positivo", comenta o xogador, "uno no se quiere perder ningún partido". Aínda así, afronta a situación da mellor maneira posible pensando xa na recuperación.
O médico estima que os tres ou catro primeiros meses serán de adestramentos sen contacto e, a partir do quinto ou sexto, xa poderá adestrar con normalidade co grupo.
Con respecto á suspensión do torneo do Rosal que se ía a disputar en Portugal, o pivote asegura que "no ayuda estar sin afrontar amistosos de nivel". O inicio da tempada, nun principio, está 'ao virar a esquina', pero Chalo ve un punto a favor para o equipo que "se conocen todos y casi no ha habido nuevas incorporaciones".
Relacionadas:
-
Gonzalo Carró, intervido da súa lesión no ombreiro: "Ha ido todo perfecto"
Por Diego Espiño |
-
Primeiro positivo por Covid nun equipo de Asobal a dúas semanas do inicio da liga
Por Redacción |
-
Suspendido o torneo do Rosal no que ía participar o Cisne: "es un contratiempo muy grande"
Por Almu Dapena |
-
O balonmán pontevedrés opta por aprazar o inicio das ligas ata que poidan adestrar en igualdade de condicións
Por Manu Otero |
-
O Cisne fai oficial a fichaxe do pivote Gonzalo Carró
Por Redacción |