Os novos brotes de Covid-19 obrigan a cancelar o europeo de piragüismo sprint de Romanía
Por Manu Otero
A pandemia do coronavirus segue castigando o calendario deportivo internacional. Este luns a Federación Europea de Piragüismo ( ECA) fixo oficial a cancelación do campionato de Europa de piragüismo sprint que ía celebrarse na cidade romanesa de Bascov entre o 15 e o 18 de outubro.
Nun comunicado compartido nas súas redes sociais, a ECA explica que debido á situación sanitaria en Europa, con países que impoñen restricións aos desprazamentos a outros países, "tomamos a decisión de cancelar a organización" do devandito campionato.
Coa vista posta nos Xogos Olímpicos que, se a situación sanitaria o permite, celebraranse en Tokyo no verán do 2021, os piragüistas españois tiñan previsto acudir á cita romanesa co obxectivo de comprobar o seu estado de forma despois de varios meses sen competicións de alto nivel.
Antes deste europeo celebrarase, siegue aínda programado, para o 22 de setembro, a pesar da pandemia, unha proba da Copa do Mundo na cidade húngara de Szeged á que tamén teñen previsto acudir padeeiros galegos. Os billetes para esta competición sairán dunha Copa de España prevista para a primeira fin de semana de setembro en Asturias.
Tamén foi cancelado o campionato de España sénior que ía celebrarse en Verducido entre o 2 e o 4 de outubro.
Relacionadas:
-
O control selectivo para a Copa do Mundo de Szeged reúne en Verducido á elite do piragüismo nacional
Por Redacción |
-
Xornada moi disputada no Campionato Galego de Novas Promesas no Pontillón do Castro
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Verducido acolle esta fin de semana o campionato galego de novas promesas
Por Redacción |
-
Punto e final ao Campionato Galego de Verducido con claro dominio do Ciudad de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A Covid-19 leva a Verducido o campionato galego de piragüismo con máis nivel dos últimos anos
Por Manu Otero |
-
O piragüismo nacional suspende as súas competicións, entre elas tres probas en Verducido
Por Redacción |