Pablo Dapena ve a luz ao final do túnel tras "unha das peores lesións que tiven"
Por Diego Espiño
O 2020 non vai quedar no recordo de Pablo Dapena como o mellor ano da súa carreira deportiva, non só polo coronavirus que trastornou e reduciu ao mínimo a maior parte do calendario dos profesionais, senón tamén polos problemas físicos que arrastrou nos últimos meses.
Unha "pequena rotura no psoas" ten a culpa, tal e como o propio triatleta pontevedrés recoñeceu nas súas redes sociais. Esta doenza "derivou nunha forte dor nos abdutores que me ten o dique seco sen correr".
Así estivo os dous últimos meses, asegurando vivir "momentos moi duros, moi negativos que sumados ao período de confinamento fagan deste 2020 unha mala dixestión".
Dapena lamenta que sexa "o ano que menos adestro e unha das peores lesións que tiven".
A pesar de todo o campión do Mundo de tríatlon de longa distancia agradece o apoio da súa parella para pasar os peores momentos e revela que xa queda pouco para volver estar en plenas condicións, xa que "o final do túnel está cada vez máis preto".
Por fortuna en todo este tempo o pontevedrés si puido seguir nadando e acumulando quilómetros en bicicleta, o que lle permitiu manter un bo ton físico.
Tras publicar esta reflexión, Dapena recibiu o apoio de moitas das figuras do tríatlon nacional como Fernando Alarza, Gurutze Frades e Cesc Godoy, entre outros, e tamén do seu compañeiro de adestramentos e gran referencia, Javier Gómez Noya, que lle trasladou os seus ánimos cun: "Ánimo rapaz! Se algún momento é menos malo para recuperar unha lesión, é agora que non hai carreiras. Aos poucos... polgada a polgada".
Relacionadas:
-
Frodeno, Lange... e Pablo Dapena: Duelo de campións mundiais no Challenge Mogán Gran Canaria
Por Diego Espiño |
-
Dura competencia para Pablo Dapena no seu primeiro grande reto da tempada, o Challenge Miami
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena deixa atrás a súa lesión e afronta a nova tempada "motivado y con ganas de competir"
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena, ante a incerteza do calendario: "Si me dicen que esta temporada no se compite, me dejan más tranquilo"
Por Diego Espiño |
-
A "reunión social" particular de Gómez Noya e Pablo Dapena na Illa das Esculturas
Por Redacción |
-
O Challenge de Daytona, "motivación importante" a curto prazo para Pablo Dapena
Por Almu Dapena |
-
Javier Gómez Noya e Pablo Dapena reestrean a piscina do CGTD
Por Redacción |