O tiro con arco regresa por todo o alto coa disputa do Campionato Galego na Devesa
Por Redacción & Cristina Saiz
Fin de semana cargada de deporte o vivido en Pontevedra. Aínda que a pandemia pola Covid-19 está a obrigar a cancelar numerosos eventos deportivos, son moitos os clubs da cidade os que, baixo un estrito protocolo sanitario, están a volver a competir.
Un deles foi o Club Boa Vila de Tiro con Arco, que abriu as súas instalacións na Devesa para disputar o Campionato Galego de Tiro con Arco sen presenza de público e coas medidas sanitarias estipuladas.
A primeira xornada do celebrouse este sábado, 22 de agosto, iniciándose ás 9:00 horas coa recepción dos seteiros e a entrega de dorsais. Ás 9:45 deu comezo a rolda clasificatoria, onde seteiros das clases infantil, cadete e senior competiron nas categorías de Arco tradicional e Arco espido, mentres que as prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantís disputaron en Arco recurvo e Arco composto.
Pola súa banda, o domingo 23 será a quenda das clases cadete, júnior, sénior e veteranos (masculino e feminino), que competirán nas categorías de Arco recurvo, Arco composto e Arco adaptado. A xornada dará comezo ás 9:30 horas e finalizará ás 13:45 coa entrega de medallas.