Atletismo na Ponte do Burgo para celebrar a IV edición do Saltar na Rúa
Por Redacción & Cristina Saiz
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra volveu a traer o atletismo á cidade. O club, conxuntamente co Concello, organizou este sábado 22 de agosto a IV edición de Saltar na Rúa.
Despois de tres edicións celebrando a exhibición na Praza da Ferrería, a nova ubicación foi a recién inaugurada Ponte do Burgo, onde o club aproveitou, un ano máis, para levar ás rúas as distintas diciplinas de saltos: lonxitude, triplo e salto con pértega.
O evento contou coa participación de 18 atletas especialistas, entre eles, os mellores saltadores autonómicos do club local.
En salto de lonxitude participaron os tres saltadores que se subiron ao podio no Campionato Galego Absoluto: Pablo Modia, do Atletismo Lucus, e Raúl Cortizo e David Ferrer, ambos da Gimnástica. Ademais, acompañounos no foso a subcampioa galega, Lucía Sánchez, da Atlética Lucense; unha das mellores combineras galegas e de España, Alicia Merino do Celta Feminino; e a xoven atleta local, Marta Barragáns, subcampioa galega sub18.
En triplo salto destacou un nome sobre o resto. Alfonso Palomanes levantou a máxima expectación. O atleta da Sociedad Gimnástica, cunha mellor marca persoal de 16'21m, conta no seu currículo persoal con tres pratas en campionatos internacionais, foi campión de España 14 veces e campión galego absoluto en 20 ocasións.
Entre os participantes tamén estivo outra campioa de España, a atleta do Atletismo Negreira, Alba Cuns, que ten unha medalla de ouro no nacional sub16. Eva Salvado, campioa galega sub23; Matías Moldes, ouro en categoría sub14, ambos pertencentes ao club local; Ariadna Gil, do Vila de Cangas, primeira en categoría sub20 e terceira absoluta; e Pablo Saá, atleta do Celta Atletismo, subcampión galego en pista cuberta, tamén participaron na exhibición.
A última proba foi o salto con pértega. O duelo Santi Ferrer, da Sociedad Gimnástica, e Miguel Cajaraville, do Celta, trouxo competitividade á proba. O primeiro conta con once primeiros postos en campionatos galegos, pero o segundo é o vixente campión galego de aire libre.
Bea Viteri, con 16 ouros autonómicos tamén aportou experiencia, veteranía e, por tanto, espectáculo. A eles acompañaranos na colchoneta dous atletas gimnásticos que son Marta González, prata no Campionato de España Máster e Óscar Monteagudo, ouro no campionato galego sub16; e Lola Bouza, atleta do ADAS o Barco, que foi subcampioa galega absoluta.
Relacionadas:
-
Saltar na Rúa recupera o seu lugar no centro de Pontevedra cun cartel cheo de atletas galegos de elite
Por Redacción |
-
Os mellores saltadores cítanse un ano máis na Ponte do Burgo
Por Manu Otero |
-
Cuarto posto para o equipo feminino da Gimnástica na Copa de España
Por Redacción |
-
A Gimnástica, satisfeita co resultado dos seus atletas no Campionato Galego Absoluto
Por Redacción |
-
A Ponte do Burgo, estadio de atletismo por un día
Por Redacción |
-
A Sociedad Gimnástica regresa á competición tras o parón pola Covid-19
Por Redacción |
-
O "raro" regreso dos atletas da Gimnástica á pista do CGTD
Por Redacción |