Remata a primeira xornada do Campionato de España Sprint de Tríatlon marcado polo Covid
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
Pontevedra segue sendo a primeira sede nacional do Tríatlon tal e como está a demostrar esta fin de semana coa disputa do Campionato de España Sprint.
A primeira gran xornada deportiva disputada este sábado, estivo marcada polo bo tempo e polas restricións sanitarias pola Covid-19, obrigando a que as probas se realizasen en formato contrarreloxo e impedindo que o numeroso público que adoitaba concentrarse na liña de meta para animar aos deportistas, esta vez estivese en dispersos puntos da cidade evitando as aglomeracións.
A competición arrincou ás 9:00 horas coa categoría cadete, tanto masculino como feminino, con gran presenza de deportistas nacionais. O primeiro posto no pódium masculino logrouno Miguel Guzmán, do Huracán Valencia mentres que no feminino venceu Moragas, do Fasttriatlón.
O acto de entrega de medallas contou coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e a concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde; así como do presidente da Federación Galega de Tríatlon, Gonzalo Triunfo.
Ás 12:00 horas foi a quenda do paratriatlón. Jorge Otalecu (Hotel Los Monteros Triatlón Marbella) venceu en PTSVII e Susana Rodríguez (Tríatlon Mar de Vigo) en PTSVI con Sara Loher como guía. José Luis García do Tríatlon Ecosport Alcobendas, con Pedro Andújar como guía, Héctor Catalá, do CEA Bétera e con Gustavo Rodríguez como guía, venceron en PTSVI.
Josefina Guimarey, Tríatlon Ecosport Alcobendas, venceu en PTS5 feminina, mentres que Jairo Ruiz, do mesmo equipo, en masculina. En PTS4 M, Marc Rodríguez (TGCBINN) quedou en primeiro lugar, e en PTS3 M Daniel Molina (Tríatlon Ondarreta Alcorcón).
En PTS2 M, o gañador foi Lionel Morais, do Natación Nadamás Las Marinas, e en PTWC Feminino e Masculino, Eva María Moral, do Tríatlon Ecosport Alcobendas, e Jorge Madera, do Triactiv Lanzarote, foron os vencedores.
Nesta ocasión, no podio atopábanse o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e a concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde.
A última proba disputada este sábado foi a dos grupos de idade, comezando ás 16:00 horas e finalizando ao redor das 20:00 horas, momento no que se produciu a apertura ao tráfico.
Pola súa banda, o domingo o tráfico permanecerá pechado a partir das 8:00 horas, unha hora antes das carreiras elite masculina (9:00 horas) e feminina (10:45 horas), finalizando coa categoría júnior (12:15 e 13:00 horas).
Relacionadas:
-
Pontevedra repetirá en 2021 como sede do Nacional Sprint de tríatlon e queda sen o Pro Tour
Por Redacción |
-
A Federación e o Concello deciden que "non é o mellor momento" para celebrar na cidade o Campionato Gallego de Tríatlon
Por Redacción |
-
Anna Godoy arrasa no Nacional Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Fernando Alarza cólgase o ouro no Campionato de España Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Campionato de España Sprint de Tríatlon pasa a ser contrarreloxo en categoría elite polas restricións do Covid
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro cambia o Nacional Sprint de Pontevedra pola Alps Epic, unha proba de resistencia nos Alpes
Por Diego Espiño |
-
Sen público e con circuíto pechado pero coa emoción de sempre: Pontevedra presenta o Nacional Sprint de Tríatlon
Por Diego Espiño |