Fernando Alarza cólgase o ouro no Campionato de España Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
A competición elite masculina do Campionato de España Sprint de Tríatlon chegou a Pontevedra este domingo 23 de agosto. Despois do parón obrigado de todas as competicións pola emerxencia sanitaria da Covid-19, a Boa Vila volveu ser sede dun campionato nacional que se viu obrigado a adaptar o seu formato á normativa vixente a nivel autonómico en relación á práctica deportiva a poucos días da súa disputa.
A carreira, marcada polo bo tempo e o formato contrarreloxo individual sen drafting e sen público, comezou ás 9:00 horas cunha saída en orde inversa, separando a cada deportista por 20 segundos e chea de polémica polo protocolo de seguridade.
O primeiro en completar o segmento de 750 metros a nado foi Ander Noain cun tempo de 9:42, seguido de Alberto González (9:47) e Eduardo Escalante (9:49). Pola súa banda, Kevin Tarek, Fernando Alarza, Iván Raña e Antonio Serrat pisábanlles os talóns.
Nos 20 quilómetros de ciclismo sen drafting, o máis rápido foi Fernando Alarza con 38:41, seguido por Antonio Serrat con 39:01 e por Carlos Oliver con 39:18. En cuarto lugar seguíanlles Alberto González (39:19), Roberto Sánchez (39:23) e Kevin Tarek (39:24).
Alarza non foi só o mellor na proba ciclista, senón que foi incombustible na carreira a pé e alcanzou a meta nun tempo de 53:27. Seguiuno moi de preto do vigués Antonio Serrat, que logrou a prata tras finalizar cun tempo de 53:48. O bronce foi para Roberto Sánchez, que completou o percorrido nun tempo de 54:24.
Pola súa banda, na categoría sub23, o gañador do título nacional foi Alberto González, cuarto na clasificación xeral cun tempo de 54:28. O galego Iván Raña chegou á meta en 14 lugar e un tempo de 56:28.
A entrega de medallas fixérona o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a presidenta dá Federación Internacional de Tríatlon, Marisol Casado, e o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Gonzalo Triunfo.
Relacionadas:
-
O triatleta Antonio Serrat, repudiado por Estados Unidos, intégrase no grupo de elite do CGTD
Por Manu Otero |
-
Histórico ascenso do Cisne a Asobal e unha infinidade de competicións suspendidas no ano da covid-19
Por Manu Otero |
-
Pontevedra repetirá en 2021 como sede do Nacional Sprint de tríatlon e queda sen o Pro Tour
Por Redacción |
-
Pontevedra repite presenza en 2021 no calendario nacional de tríatlon
Por Redacción |
-
A Federación e o Concello deciden que "non é o mellor momento" para celebrar na cidade o Campionato Gallego de Tríatlon
Por Redacción |
-
A FETRI poñerá a Pontevedra como exemplo para a organización competicións masivas ao aire libre
Por Redacción |
-
Anna Godoy arrasa no Nacional Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Remata a primeira xornada do Campionato de España Sprint de Tríatlon marcado polo Covid
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Campionato de España Sprint de Tríatlon pasa a ser contrarreloxo en categoría elite polas restricións do Covid
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro cambia o Nacional Sprint de Pontevedra pola Alps Epic, unha proba de resistencia nos Alpes
Por Diego Espiño |