A FETRI poñerá a Pontevedra como exemplo para a organización competicións masivas ao aire libre
Por Redacción
As miradas do tríatlon nacional volveron dirixirse esta fin de semana cara a Pontevedra. A cidade do Lérez é un referente á hora de organizar competicións deste tipo, pero a celebración do Campionato de España de Tríatlon Sprint, a primeira proba deste deporte desde o estalido da pandemia, supuxo un enorme reto que a Boa Vila superou con nota.
A portavoz provisional do goberno local, Carme da Silva, fixo balance este luns da celebración do evento e o bo sabor de boca que deixou entre os participantes, organizadores e cidadanía. "A Federación optou por Pontevedra nesta situacion de pandemia dada a experiencia que a nosa cidade ten na elaboración de eventos extremando as medidas de seguridade", explicou a concelleira antes de detallar o bo resultado organizativo.
"O que vai facer a Federación é coller imaxes desta proba e presentarllas a todas as federacións de deportes ao aire libre como mostra de como hai que organizar un evento ao aire libre e de participacion masiva con todas as medidas de seguridade", destacou da Silva, orgullosa de que este campionato poida servir para demostrar que "non é necesario que a actividade deportiva quede parada, senón que se pode facer mantendo todas estas condicións".
Ao longo da fin de semana, competiron no circuíto pontevedrés ao redor de 900 triatletas de todas as idades e chegados de todos os recunchos de España. "Trasladamos a felicitación a toda a xente que participou no desenvolvemento da proba, aos participantes e á cidadanía", concluíu Carme da Silva.
Relacionadas:
-
Axustes de calendario atrasan a outubro o Nacional Sprint de Tríatlon de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra repetirá en 2021 como sede do Nacional Sprint de tríatlon e queda sen o Pro Tour
Por Redacción |
-
Pontevedra repite presenza en 2021 no calendario nacional de tríatlon
Por Redacción |
-
A Federación e o Concello deciden que "non é o mellor momento" para celebrar na cidade o Campionato Gallego de Tríatlon
Por Redacción |
-
Anna Godoy arrasa no Nacional Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Fernando Alarza cólgase o ouro no Campionato de España Sprint de Tríatlon
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Campionato de España Sprint de Tríatlon pasa a ser contrarreloxo en categoría elite polas restricións do Covid
Por Diego Espiño |