A RFEBM valora negociar o aprazamento do inicio da Liga Asobal
Por Almu Dapena
A preocupación polos repuntas da Covid-19 xa chegaron á Real Federación Española de Balonmán. Segundo comunicou o presidente, Francisco V. Blázquez, despois de escoitar a solicitude de xogadores e adestradores para analizar un posible atraso no inicio da Liga Asobal, propúxose "tender a man á Asociación de Clubs para pospoñer o inicio da competición ligueira desta tempada 20/21".
A tempada, que en principio ía comezar dentro de tres días co duelo entre o Bidasoa Irún e Ademar León, probablemente véxase atrasada pola cantidade de rebrotes que está a haber en toda España. Por iso, Blázquez afirma que "a demanda de xogadores e adestradores evidencia a mesma inquietude que temos nós, entendendo que ante os rebrotes actuais o inminente arranque ligueiro xera demasiada incerteza. Quero ofrecer a Asobal a posibilidade de atrasar o inicio ligueiro, e analizar con detemento unha nova configuración da competición, xa que nosa maior preocupación debe ser a saúde e seguridade dos nosos deportistas".
No comunicado, o máximo representante federativo apunta que “todos temos que velar por brindar aos deportistas as máximas medidas sanitarias posibles, conscientes de que o risco cero non existe, pero debemos adoptar todas as pautas preventivas que sexan posibles".
Desta maneira, no caso de que o arranque da Liga Asobal se atrase, conlevaría á Federación a confeccionar un novo calendario de competición. Por iso, Blázquez apunta que "nos brindamos a realizar as modificacións que sexan necesarias, porque aquí o verdadeiramente importante é a saúde dos deportistas, e para nós é a única prioridade agora mesmo".
Con esta resposta, o debut do Cisne na máxima categoría do balonmán español podería ter que esperar, xa que, nun principio, tiña previsto disputar o primeiro choque o mércores 2 de setembro no Pavillón Municipal ás 20:30 horas contra o Incarlopsa Cuenca.
Relacionadas:
-
Granollers, agora si, primeira parada do Cisne en Asobal
Por Diego Espiño |
-
Primeira vitoria da pretempada para o Cisne ao vencer 23-27 o Atlético Novás
Por Redacción |
-
O Atlético Novás, pedra de toque na preparación de Cisne e Teucro
Por Redacción |
-
O debut do Cisne en Asobal terá que esperar: aprazadas as dúas primeiras xornadas de liga
Por Diego Espiño |
-
Un positivo por Covid no Ademar de León a un día de que comece a Liga Asobal e a cinco de visitar Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A Xunta autoriza o deporte con contacto para equipos de ligas estatais e deportistas con aspiracións olímpicas
Por Manu Otero |
-
Asobal decide empezar a liga o día 1 sen ter aínda un protocolo aprobado
Por Manu Otero |
-
Primeiro positivo por Covid nun equipo de Asobal a dúas semanas do inicio da liga
Por Redacción |