Xornada moi disputada no Campionato Galego de Novas Promesas no Pontillón do Castro
Por Cristina Saiz & Redacción
O Complexo Deportivo David Cal do encoro do Pontillón do Castro, en Verducido, acolleu esta fin de semana o Campionato Galego de Novas Promesas 2020 para as categorías cadete e infantil.
Unha fin de semana chea de deporte onde o sábado disputáronse as probas de categoría infantil e o domingo as de categoría cadete, ambas comezando ás 9:30 coas regatas individuais.
Durante a primeira xornada, na final masculina, Antón Dourado (Illa de Arousa) fíxose co ouro en K1 1000, seguido de Víctor Devesa (Ciudad de Lugo) e de David Silva (Portonovo), mentres que na feminina, o primeiro posto foi para Marta Carles (Verducido- Pontillón), o segundo para Lucía Tenreiro (Illa de Arousa) e o terceiro para Saray Fontán (Verducido- Pontillón).
En K2 1000 masculino, o Ciudad de Lugo fíxose co primeiro posto grazas de novo a Víctor Devesa, que acompañado por Daniel Fernández, fixéronse co ouro. O segundo lugar foi para Antón Dourado e Lucía Tenreiro do Illa de Arousa, aos que seguiron Óscar Allegue e Adrán Delgado do Náutico Firrete.
En K4 1000 maculino, o ouro levoullo o Ría de Aldán, a prata o Piragüismo Río Verdugo e o bronce o Kayak Vigo, mentres que o feminino as primeiras en chegar á meta foron as padeeiras do Verducido- Pontillón, as segundas as do Kayak Tudense e as terceiras as do Náutico Pontecesures.
Pola súa banda, en C1 1000 o líder foi Nicolás Braña (Piragüismo Poio), seguido de Martín Expósito (Ciudad de Pontevedra) e de Germán Quintas (Piragüismo Poio); en feminino o líder indiscutible foi o Náutico Pontecesures, que con Natalia Varela, Nerea Novo e Tania Vila completaron o podio.
En C2 1000 masculino, o Piragüismo Poio foi o vencedor, o Ciudad de Pontevedra quedou segundo e o Náutico Pontecesures, terceiro. En feminino só houbo dúas piraguas competidoras. O Náutico Pontecesures fíxose co ouro e o Piragüismo Poio coa prata.
En C4 1000 o líder volveu ser o Piragüismo Poio, seguiuno o Rodeira de Cangas e o Náutico Pontecesures.
Anxo Gándara dos Náutico Cobres foi o campión na final do K1 1000 masculina, Aaron Penas (Naval Pontevedra) foi segundo e Samuel Carballo (Kayak Tudense) terceiro. Pola súa banda, Natalia Moreira do Ciudad de Pontevedra foi a primeira en chegar á meta, Lara Rodríguez do Verducido- Pontillón foi segunda e Sabela Dacosta do Ría de Aldán terceira.
En C1 1000, Jairo Zurita do Club As Torres chegou en primeira posición, Alejandro Gómez (Piragüismo Poio) en segunda e Pablo Torres (Pontecesures) en terceira. Alicia Otero do Ciudad de Pontevedra logrou o ouro, Lara Remigio do Breogán O Grove a prata e Carola Ucha o bronce.
En C2 1000 mixto, o Club As Torres foi o primeiro, o Piragüismo Poio segundo e o Náutico Rodeira de Cangas terceiro, mentres que en feminino, o equipo vencedor foi o Ciudad de Pontevedra, seguido do Rodeira de Cangas e do Pontecesures.
Por último, en C4 1000 o Breogán O Grove levou o ouro, seguírono o Rodeira de Cangas e o Piragüismo Poio.
Nesta categoría participaron un total de 35 equipos e 292 embarcacións, mentres que o domingo tomaron parte o mesmo número de clubs e 202 piraguas.
Relacionadas:
-
Máis de medio milleiro de inscritos para a 26 Baixada Internacional do Umia
Por Redacción |
-
Antía Jácome, Antía Otero e David Barreiro tamén viaxarán a Hungría para disputar a Copa do Mundo de Sprint
Por Redacción |
-
O control selectivo para a Copa do Mundo de Szeged reúne en Verducido á elite do piragüismo nacional
Por Redacción |
-
Verducido acolle esta fin de semana o campionato galego de novas promesas
Por Redacción |
-
Os novos brotes de Covid-19 obrigan a cancelar o europeo de piragüismo sprint de Romanía
Por Manu Otero |
-
Punto e final ao Campionato Galego de Verducido con claro dominio do Ciudad de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Ciudad de Pontevedra triunfa no Campionato Galego Sprint de piragüismo júnior
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |