Teresa Abelleira estréase nunha convocatoria da Selección Española Absoluta
Por Diego Espiño
A progresión de Teresa Abelleira parece non ter fin. A xove centrocampista pontevedresa, que esta tempada fichou polo Real Madrid, debutará tamén coa Selección Española Absoluta.
Abelleira foi incluída este mércores na lista oficial de España para enfrontarse o próximo 19 de setembro a Moldavia na cidade de Chisinau.
Será a súa estrea na Absoluta tras pasar polas diferentes categorías inferiores da selección nacional e mesmo levantar título como o Europeo Sub-19.
O seleccionador, Jorge Vilda, explicou tras dar a lista de convocadas que a pontevedresa "es una centrocampista que pensamos que tiene un gran potencial, con gran calidad técnica y polivalencia dentro del centro del campo porque puede ocupar seis posiciones. Puede jugar de mediocentro, de interior, puede jugar un poco más retrasada e incluso puede jugar de media punta, y eso en un valor añadido en una jugadora", sinalou o técnico.
Vilda: "Conocemos hace tiempo a Peke y a Teresa Abelleira. Tere tiene un gran potencial y polivalencia, y eso es un valor añadido. En cuanto a Peke, cuando alguien piensa en ella, piensa en gol, y nosotros pensamos lo mismo"#JugarLucharYGanar pic.twitter.com/vGXNQpZipg
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SeFutbolFem) September 2, 2020
Xunto a Tere Abelleira completan a convocatoria de España: Lucía García e Ainhoa Vicente (Athletic Club); Amanda Sampedro (Atlético de Madrid); Alexia Putellas, Andrea Pereira, Leila Ouahabi, Mariona Caldentey, María León, Sandra Paños, Aitana Bonmatí, Patricia Guijarro e Jenni Hermoso (FC Barcelona); Alba Redondo e Irene Guerrero (Levante); Ona Batlle (Manchester United); Lola Gallardo (Olympique Lyonnais); Irene Paredes (PSG); Ainize Barea "Peke" (RC Deportivo); Ivana Andrés, Marta Corredera e Marta Cardona (Real Madrid); e Sun Quiñones (Real Sociedad).
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira regresa á convocatoria da Selección Española Absoluta para a dobre cita fronte México e Holanda
Por Diego Espiño |
-
Teresa Abelleira debuta coa selección absoluta na goleada a Moldavia (10-0)
Por Almu Dapena |
-
Terceira convocatoria internacional consecutiva para Tere Abelleira, que aínda non debutou con España
Por Manu Otero |
-
Teresa Abelleira repite convocatoria coa Selección Española á espera do seu debut
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, tras os seus primeiros días na Selección Española Absoluta: "Estar aquí es un sueño cumplido"
Por Diego Espiño |
-
Teresa Abelleira inicia oficialmente a súa etapa como xogadora do Real Madrid
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira despídese do Deportivo: "Teño a sensación de volver a marchar de casa, de volver deixar a miña cidade"
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira repite na lista da Selección Española Sub-20
Por Redacción |