Os rivais do Pontevedra, a análise: O Coruxo FC, ante o reto de reinventarse
Por Diego Espiño
Posiblemente o Coruxo FC fose un dos equipos máis prexudicados coa suspensión da tempada, e é que o cadro vigués estaba a asinar a mellor tempada da súa historia na Segunda División B ao marchar quinto soñando con meterse no play-off de ascenso.
Os de Míchel Alonso eran sen dúbida una das revelacións da liga, e agora están de novo obrigados a reinventarse para unha tempada que se prevé máis complicada e intensa que nunca.
Por segundo ano consecutivo, Alonso estará ao mando do banco do Vao, cun proxecto que perdeu a algúns dos seus referentes como o central Lucas Puime, o extremo David Añón ou o dianteiro Youssef, pero que conserva a boa parte da súa columna vertebral con futbolistas identificados como Mateo Míguez, Antón de Vicente, Yebra, Diego Silva, Álex Ares ou o gardameta Alberto.
Co bo trato de balón como un dos seus signos e coa humildade das súas raíces como forza, o Coruxo tentará na súa undécima tempada en Segunda B volver ser ese equipo incómodo para os rivais e competitivo en todo momento. Se alcanza o nivel da última campaña soña con tentar, por que non? pasar o corte e alcanzar a categoría PRO.
Polo momento os vigueses non se moveron demasiado no mercado de fichaxes, pero si confirmaron algunhas operacións. Así, aterraron no Vao o central Andriu (Villarrubia), o centrocampista Chevi (Internacional de Madrid), o extremo Pedro Vázquez (Pontevedra CF) e os dianteiros Rivera (Pontevedra CF) e Álex Valiño (Haro Deportivo).
Relacionadas:
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: Unionistas de Salamanca CF, un ‘tapado’ ambicioso
Por Redacción |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O Celta B, renovación total coa esixencia de meterse na PRO
Por Diego Espiño |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O Zamora CF tentará aproveitar a inercia do recentemente ascendido
Por Redacción |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O CD Guijuelo: un equipo con bo trato de balón
Por Redacción |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O Racing de Ferrol quere volver á Segunda División
Por Redacción |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O Salamanca CF UDS, entre a ambición e a inestabilidade
Por Redacción |
-
O Pontevedra xa ten rivais: xogará contra galegos e equipos de Zamora e Salamanca
Por Diego Espiño |