Derrota do Teucro no amigable ante o Atlético Novás tras unha desastrosa primeira metade (30-21)
Por Almu Dapena
181 días despois, a Sociedad Deportiva Teucro regresou á cancha para disputar o seu primeiro amigable da pretemporada 2020/2021. Para iso, desprazáronse ao Rosal, onde os esperaba un Atlético Novás que viña de perder no seu anterior amigable contra o Cisne.
Co inicio das ligas aprazadas e despois da modificación do protocolo autonómico, o equipo de Irene Vilaboa puido xogar en Galicia o choque de preparación contra un rival da División de Honra Prata.
O día anterior, ambos os equipos sometéronse ao test de detección da Covid-19, dando todos eles resultado negativo.
O partido comezou ao redor das 20:30 horas co Atlético Novás dominando desde os primeiros minutos de xogo (15-4, min.21) grazas ás boas intervencións do porteiro que impedía ao Teucro enviar o balón á rede. Os últimos compases da primeira metade foron os mellores para os de azul, que anotaron 4 dianas fronte ás 3 do seu rival, chegando ao descanso cun resultado de 18-8.
Despois do paso polo vestiario o Novás seguiu desmarcándose no resultado, ampliando a súa vantaxe a 21-8 cando se cumpría o minuto 7, momento no que o Teucro anotou o seu primeiro tanto da segunda parte. A partir de aí, os de Pontevedra foron para arriba, poñéndose a 8 tantos de alcanzar ao seu rival (27-19, min. 24). Non quedaba tempo para moito máis e o conxunto local mantivo o resultado para facerse coa vitoria no amigable por 30-21.
Relacionadas:
-
O Teucro está listo para empezar a liga coa promesa de ser "un equipo diferente aos demais"
Por Manu Otero |
-
O Teucro pon fin á pretempada con vitoria sobre o Chapela (16-22) e derrota contra o Sant Joan de Alacante (21-22)
Por Redacción |
-
Vitoria do Teucro fronte ao Balonmán Cañiza no seu segundo partido de pretempada (27-31)
Por Redacción |
-
Stefan Manoljovic aterra en Pontevedra para incorporarse aos adestramentos do Teucro
Por Redacción |
-
Os carnés de socios do Teucro poderán tramitarse online e telos descargados no móbil
Por Diego Espiño |
-
O Atlético Novás, pedra de toque na preparación de Cisne e Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro ficha o lateral esquerdo Diego Martínez
Por Redacción |