As restricións en Pontevedra pola COVID-19 non afectarán o deporte "porque as instalacións xa estaban pechadas"
Por Redacción
A inclusión de Pontevedra na lista de zonas de especial restrición pola situación epidemiolóxica en relación ao coronavirus non supoñerán moito cambio para o deporte da cidade.
Así o asegura o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, asegurando que "non nos vai afectar moito porque as instalacións xa estaba pechadas".
O edil refírese ás instalacións deportivas municipais, ás que só poden acceder polo momento os equipos que participan en competicións de ámbito estatal e que xa iniciaron as súas respectivas pretempadas cumprindo os protocolos de prevención e hixiene establecidos.
Fernández defendeu a postura de manter o peche durante os meses de verán, xa que "o tempo vén dándonos a razón aos que pensamos que hai que ter moita prudencia nestes temas e que é prefereible esperar máis e non correr riscos".
O concelleiro expresou iso si unha "certa sensación de malestar" coa Xunta de Galicia "por esta desinfomración á que nos ten sometida", xa que "se nos estaba decindo dende a consellería que non había gromos e estaba todo controlado e de repente parece que as cousas cambian de repente. É certamente difícil de entender", declarou o máximo responsable de deportes no Concello.
Relacionadas:
-
A apertura das instalacións deportivas de Pontevedra, supeditada a que a Xunta permita iniciar a desescalada
Por Redacción |
-
A concellería de Deportes recibe solicitudes de 67 clubs para as subvencións anuais de 2019
Por Redacción |
-
Combater o sedentarismo mediante a actividade física, obxectivo do programa municipal Saúde na Rúa
Por Redacción |
-
O BNG denuncia o "escurantismo" da Xunta e pide a máxima transparencia por parte da xerencia da Área Sanitaria
Por Redacción |
-
Que supón para Pontevedra ser zona de especial restrición pola COVID-19?
Por Alejandro Espiño |
-
Deportes incrementa o seu orzamento en 275.000 euros para afrontar as medidas de prevención da Covid
Por Redacción |