Derbi en Cangas para un Cisne que busca os seus primeiros puntos da tempada
Por Diego Espiño
Sacudidos os nervios da súa estrea na Liga Asobal, o Club Cisne Balonmán afronta o seu segundo encontro na máxima categoría con outro obxectivo, sumar os seus primeiros puntos.
A pesar da derrota en Granollers, os de abato regresaron de Cataluña con boas sensacións e conclusións positivas. "Démonos conta que estamos preparados para competir na categoría" asegura Quiños, o seu segundo adestrador, "e máis contra un equipo que é dos que está chamado a pelexar connosco pola salvación", sinala sobre o próximo encontro.
A cita será das marcadas no calendario, ao visitar o cadro pontevedrés o pavillón do Gatañal de Cangas (sábado, 17.00 horas) nun encontro que será retransmitido pola segunda canle da Televisión de Galicia.
"Temos moitas ganas de afrontalo, tentar que os nervios sexan os mínimos posibles e podamos facer o noso partido", recoñece o técnico.
Será un duelo de alta tensión ao ser conscientes ambos os dous clubs que son rivais directos pola permanencia na categoría.
Aínda que o obxectivo dos do Morrazo é tamén a salvación, desde o Cisne aseguran que o Cangas deu un paso adiante con respecto ao curso pasado con "un equipo que ten dous homes por posto".
É por iso que a receita para Quiños pasa por "minimizar as perdas para que eles non teñan goles fáciles", e en ataque "conseguir correr".
Ingredientes non lle faltan a un derbi inédito na Liga Asobal e que contará coa presenza de público nas bancadas acorde ao límite máximo establecido polas autoridades.
Relacionadas:
-
O Cisne leva o derbi galego ante o Cangas e consegue a súa primeira vitoria en Asobal (26-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Honroso debut do Cisne en Asobal a pesar da súa derrota fronte o Granollers (27-21)
Por Redacción |
-
Granollers, agora si, primeira parada do Cisne en Asobal
Por Diego Espiño |
-
Primeira vitoria da pretempada para o Cisne ao vencer 23-27 o Atlético Novás
Por Redacción |
-
O debut do Cisne en Asobal terá que esperar: aprazadas as dúas primeiras xornadas de liga
Por Diego Espiño |