Bea Gómez e Gaspar Andrade, vencedores do Campionato Galego de Natación en Augas Abertas no Pontillón
A competición regresou este domingo ao encoro pontevedrés de Pontillón do Castro, en Verducido, onde se celebrou o Campionato Galego de Natación en Augas Abertas.
A proba, adaptada ao formato contrarreloxo para minimizar o contacto entre deportistas, congregou 320 nadadores pertencentes a 25 clubs da comunidade.
En canto aos resultados, a pontevedresa Bea Gómez Cortés impúxose na categoría sénior feminina ao completar os 2.000 metros de percorrido en 26 minutos e 14 segundo, cun segundo de vantaxe sobre Paula Otero, prata, mentres que Carla Faro foi terceira xa a unha maior distancia (27:41).
En categoría sénior masculina o vencedor foi Gaspar Andrade (CN Liceo) cun tempo de 23:49, superando a Pablo Cabana (25:17) e Miguel Martínez (25:19).
Por clubs o Natación Galaico pontevedrés foi o vencedor, tanto na clasificación global como na feminina, e tamén se impuxo na categoría máster feminina.
Consulta aquí as clasifiacións completas do Campionato Galego de Natación en Augas Abertas.
Campionato Galego de Natación en Augas Abertas no Pontillón do Castro
A proba, adaptada ao formato contrarreloxo para minimizar o contacto entre deportistas, congregou 320 nadadores pertencentes a 25 clubs da comunidade
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
A natación pontevedresa prepara a súa primeira gran competición da tempada, o Nacional de Inverno
Por Redacción |
-
O Club Natación Galaico presume de nova furgoneta
Por Redacción |
-
Os nadadores do CN Galaico seguen en racha e terminan segundos en Ponteareas
Por Redacción |
-
Cancelada a etapa final da Copa de España de Natación en Augas Abertas que se ía a disputar no Pontillón
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez ficha polo CN Santa Olaya e múdase a Xixón para preparar o seu asalto aos Xogos de Tokyo
Por Diego Espiño |