O Arxil 'traslada' a súa pretempada ao Lago de Castiñeiras
Por Redacción
Facer grupo entre as xogadoras e tamén adaptarse ás restricións do Covid son as razóns que empuxaron ao Club Baloncesto Arxil a deixar de lado, polo menos por un par de días, a cancha de xogo.
O conxunto pontevedrés da Liga Feminina 2 completou a súa segunda semana de traballo cunha fin de semana de adestramentos nun espazo privilexiado como o Lago de Castiñeiras.
O preparador físico do equipo, Magín Méndez, planificou para esta particular excursión unhas sesións de traballo físico.
No plano estritamente deportivo o Arxil segue á espera de que a Federación Galega de Baloncesto de luz verde á Copa Galicia, o que supoñería xogar o sábado 19 de setembro fronte ao Celta en Vigo e o mércores 23 fronte ao Cortegada de Vilagarcía.
A actualidade do Arxil complétase coa decisión do club de iniciar a pretempada do resto dos seus equipos, que aínda permanecían parados, é dicir, desde os premini ata os conxuntos de categoría cadete. Para iso, seguindo os protocolos establecidos, os grupos de traballo serán de 9 xogadoras e un adestrador, en sesións que levarán a cabo nas pistas exteriores do colexio Manuel Vidal Portela.
Relacionadas:
-
O Arxil, listo para unha tempada na Liga Feminina 2 na que "cada partido tiene que ser como una final"
Por Diego Espiño |
-
Derrota do Arxil en Vigo no seu primeiro partido de Copa Galicia e da pretempada (64-59)
Por Redacción |
-
O Arxil debuta este martes en Copa Galicia diante do Celta Zorka
Por Redacción |
-
A Federación esixe test de Covid semanais aos equipos de Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil, pendente da Copa Galicia para planificar a parte final da súa pretempada
Por Redacción |
-
O Arxil presenta o seu novo arsenal para asaltar o playoff
Por Manu Otero |
-
Pretempada de catro semanas para o Arxil
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O 31 de agosto, data elixida polo Arxil para iniciar a pretempada
Por Redacción |