O Pontevedra iniciará a liga en Ferrol e espera a visita do Deportivo a Pasarón o 6 de decembro
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol coñece ao fin o camiño que lle espera durante a próxima tempada nunha peculiar Segunda División B.
A Real Federación Española de Fútbol publicou este martes o calendario de competición da categoría de bronce, que dará comezo o próximo 18 de outubro cun esixente derbi para os granates na Malata.
Precisamente o Racing de Ferrol, outro dos aspirantes como mínimo a pasar o corte cara á nova categoría, a Primeira RFEF (Segunda B PRO), será o punto de partida para o cadro pontevedrés, nunha liga na que cada punto será vital ao arrastrarse os resultados á segunda fase da tempada.
Tras esa saída, chegarán dous encontros consecutivos para o Pontevedra no Estadio Municipal de Pasarón, onde recibirá de maneira consecutiva a Unionistas de Salamanca (25 de outubro) e o Celta B (1 de novembro) antes de viaxar a Zamora (8 de novembro).
Unha das datas que sen dúbida estará marcada en vermello no calendario dos afeccionados granates é a da visita do Real Club Deportivo a Pontevedra, algo que ocorrerá na sétima xornada de liga (6 de decembro), estando fixado o choque de volta en Riazor para o 7 de marzo, a tres partidos do final da primeira fase.
Será un primeiro tramo da tempada no Subgrupo 1-A de só 18 xornadas que concluirá fóra de casa para os de Jesús Ramos, visitando na última data (21 de marzo) o Guijuelo.
Consulta aquí o calendario completo do Grupo I-A de a Segunda División B.
Relacionadas:
-
Charles e Rufo afinan a súa puntería e dan a vitoria ao Pontevedra na súa visita ao Celta B (2-3)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra contacta cos seus socios para saber se querrán ir ao fútbol este ano e distribuilos no estadio
Por Manu Otero |
-
Suspendido o amigable entre Compostela e Pontevedra polo positivo en COVID dun familiar dun xogador santiagués
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra visitará a Compostela e Celta B á espera de pechar outros dous amigables
Por Manu Otero |
-
Primeiro amigable e primeira vitoria para o Pontevedra, ao superar o Coruxo no Vao (0-1)
Por Diego Espiño |
-
Pasarón poderá contar cun aforo superior aos 1.000 espectadores recomendados polo Consello Superior de Deportes
Por Diego Espiño |
-
A RFEF divide o fútbol sala en subgrupos: o Leis competirá nun grupo autonómico e O Fisgón, contra galegas e salmantinas
Por Manu Otero |
-
A RFEF aclara a nova 2ª B: os tres primeiros de cada grupo terán que superar unha segunda fase e un play-off para subir
Por Redacción |
-
Jesús Ramos, sobre a chegada de máis reforzos ao Pontevedra: "Se cadra temos as solucións na canteira"
Por Diego Espiño |
-
Acordo con Álvaro Naveira para a súa saída do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Xisco Campos: "Creo que o Pontevedra ten un proxecto que ilusiona. Foi moi fácil decidirme"
Por Diego Espiño |
-
Roberto Feáns: "Eu creo que este ano ten que ser"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra xa ten rivais: xogará contra galegos e equipos de Zamora e Salamanca
Por Diego Espiño |