A RFEF divide o fútbol sala en subgrupos: o Leis competirá nun grupo autonómico e O Fisgón, contra galegas e salmantinas

Por Manu Otero
Despois de confirmar o novo sistema de competición para a Segunda División B do fútbol español, a RFEF fixo oficial o redeseño do fútbol sala español. Salvo as máximas categorías masculinas e femininas, o resto de divisións quedarán divididas en subgrupos co obxectivo de recudir participantes e facilitar a disputa de todas as xornadas nunha tempada marcada polo incremento de equipos ao non haber descensos na pasada campaña, a falta de datas polo atraso no inicio da competición e a previsión de posibles paralizacións das ligas pola pandemia da Covid-19.
A primeira división masculina e feminina, na que milita o Poio Pescamar, mantense sen cambios. As vermellas afrontarán este ano unha liga con 18 equipos a dobre partido na que o obxectivo volverá ser estar na pelexa por unha praza na final a catro polo título.
Un chanzo por baixo, a segunda división, na que compite o Ancora d' Ouro (antes O Fisgón e proximamente Marín Futsal pola fusión dos clubs de fútbol sala do municipio), queda dividida en catro grupos e, á súa vez, cada un deles en dous subgrupos de nove equipos. Salvo o subgrupo 1A composto por seis equipos galegos (Valdetires Ferrol, Ancora D' Ouro FS, FSF O Castro, A Fervenza FS, Ourense FC e CD Mosteiro Bembrive) e dous de Salamanca (CD Universidade Salamanca e CD Inter Sala).
Nas competicións masculinas tamén se produciu unha reestruturación que afecta ao Leis Pontevedra, que milita na categoría de bronce deste deporte. Cos cambios aplicados, o conxunto pontevedrés pasará a competir nun grupo integrado unicamente por equipos galegos, o subgrupo 1B. Os seus rivais para o curso que está a piques de comezar son Sala Ourense 2014, Club Ribeira Fútbol Sala, SD Xove FS, Pizarras Los Tres Cuñados FS, O'Esteo FS, UV Ventorrillo FS, Cidade de Narón, O Parrulo Ferrol FS y A Estrada Futsal.
A modificación desta categoría inclúe a creación de seis grupos divididos cada un en dous subgrupos de entre oito e duez equipos atendendo a criterios xeográficos.
As bases de competición que regularán os novos sistemas de ascenso e descenso serán publicadas pola Real Federación Española de Fútbol nos próximos días.
Relacionadas:
-
Positivo primeiro test de pretempada para o Leis, superando ao Santiago Futsal (6-3)
Por Redacción |
-
O Leis comeza a preparar o inicio da liga
Por Redacción |
-
O Leis comezará a liga o 24 de outubro fronte ao Cidade de Narón
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de liga para o Poio Pescamar, con estrea na cancha do Roldán
Por Redacción |
-
O Pontevedra iniciará a liga en Ferrol e espera a visita do Deportivo a Pasarón o 6 de decembro
Por Diego Espiño |
-
Aprobado o protocolo do Consello Superior de Deportes que regula a actividade do deporte non profesional
Por Redacción |
-
Recoñecemento do Leis ás 'lendas' do fútbol sala pontevedrés
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar ponse en marcha e prepara a súa volta aos adestramentos
Por Diego Espiño |