A Federación esixe test de Covid semanais aos equipos de Liga Feminina 2
Por Redacción
A Liga Feminina 2 de baloncesto comezará na data prevista, o 3 de outubro. Así o ratificou a Federación Española de Baloncesto tras a reunión da comisión de clubs celebrada este xoves.
No encontro o organismo federativo comunicou ademais algunhas das medidas de obrigado cumprimento durante a tempada, empezando pola realización de test de COVID-19 cada semana na que haxa xornada, un par de días antes do encontro para contar co resultado antes do desprazamento dos equipos.
Esta medida pode supoñer un gasto importante para os equipos, á espera de coñecer que probas serán as esixidas e que parte recaerá nos clubs. Neste aspecto segundo Lino Vázquez, representante do Club Baloncesto Arxil presente na citada comisión de clubs, a factura podería ascender ata aproximadamente 55.000 euros no caso de tratarse de probas PCR, algo que sería "inasumible", rebaixarse ata os 16.000 euros para toda a tempada ou mesmo aproximadamente 1.600 no caso dos test de saliva.
Ademais o protocolo federativo establece que se aprazará un encontro cando se rexistren tres positivos nun mesmo equipo.
Mentres o panorama séguese aclarando nos despachos, a nivel deportivo o Arxil prosegue coa súa preparación para o inicio da liga coa Copa Galicia como primeiro exame. O equipo pontevedrés debutará na competición autonómica o vindeiro martes 22 de setembro (20.45 horas) fronte ao Celta no pavillón vigués de Navia.
Relacionadas:
-
O Arxil supera sen positivos os test de COVID previos ao comezo da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Suspendida a primeira xornada da Liga Feminina 2 de baloncesto "ante a falta de garantías sanitarias"
Por Diego Espiño |
-
O Arxil, listo para unha tempada na Liga Feminina 2 na que "cada partido tiene que ser como una final"
Por Diego Espiño |
-
Vitoria arroiadora do Arxil fronte ao Cortegada no segundo partido de Copa Galicia (62-38)
Por Mónica Patxot & Almu Dapena |
-
Derrota do Arxil en Vigo no seu primeiro partido de Copa Galicia e da pretempada (64-59)
Por Redacción |
-
O Arxil debuta este martes en Copa Galicia diante do Celta Zorka
Por Redacción |
-
Aprazadas as dúas primeiras xornadas da Primeira Nacional de baloncesto feminino para Peixe Galego e Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil 'traslada' a súa pretempada ao Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
O Arxil, pendente da Copa Galicia para planificar a parte final da súa pretempada
Por Redacción |
-
O Arxil presenta o seu novo arsenal para asaltar o playoff
Por Manu Otero |