A Junta de Extremadura premia a Pontevedra pola organización do mundial ITU Multisports de tríatlon do 2019
Por Redacción
A Junta de Extremadura concede a Pontevedra o premio "El Anillo" de Deporte e Turismo na categoría de premios nacionais polo traballo de organización do mundial ITU Multisports celebrado na cidade do Lérez no 2019.
Estes galardóns, que van pola súa terceira edición, están convocados pola Fundación Novas e Deporte dependente da Consellería de Cultura, Turismo e Deporte estremeña. Despois de coñecer a noticia, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mostrou a súa "satisfacción" por este recoñecemento e asegurou que este galardón "significa seguir promovendo e proxectando a cidade de Pontevedra como referente internacional a nivel deportivo, que ten ademais un compoñente moi importante como é a dinamización económica en sectores como a hostalería, o comercio ou o turismo".
A candidatura de Pontevedra competía con eventos e tan destacados como a proposta de Dinamización Turística a través do golf da Deputación de Huelva ou os Roller Games de Barcelona.
A convocatoria destes premios está vinculada ao terceiro congreso "Deporte e Turismo. Estremadura 2030" que terá lugar os días 7 e 8 de outubro. O rexedor pontevedrés confirmou que acudirá en persoa a recoller o galardón.