Charles e Rufo afinan a súa puntería e dan a vitoria ao Pontevedra na súa visita ao Celta B (2-3)
Por Almu Dapena
Segunda cita de pretemporada para o Pontevedra CF. O conxunto granate, que viña de gañar a fin de semana pasada ao Coruxo, desprazouse a Vigo para enfrontarse ao Celta B no Campo Municipal de Barreiro.
Un gol de Charles e dous de Rufo deron a vitoria a un Pontevedra que está a mostrar boas sensacións para a nova campaña con dúas vitorias en dous partidos disputados ata o momento.
Para o encontro deste domingo, disputado a porta pechada, só con persoal de ambos os clubs, Jesús Ramos apostou por un once formado por Mario Fernández, Santi Figueroa, Xisco Campos, Pol Bueso, Eneko, Óscar Fernández, Romay, Adrián Cruz, Alex González, Charles e Rufo.
Os granates empezaron perdendo despois de que Iker Losada anotase para o Celta B cun gol antes de que se cumprisen os primeiros 10 minutos de partido, pero a alegría duroulles pouco xa que Charles, no minuto 12, igualou a contenda.
Dous minutos despois do gol do brasileiro, Rufo, pichichi da pasada tempada e goleador tamén no amigable #ante o Coruxo, encargouse de darlle a volta ao marcador e anotou para os seus poñendo o 1-2 co que se chegou ao descanso.
Ao comezo da segunda metade, o filial celeste puido igualar o duelo. O colexiado pitou un penalti ao seu favor, pero o porteiro granate, Álvaro Cortés, realizou unha estirada vital e impediu que o balón atravesase a liña de gol.
No minuto 55, de novo Rufo volveu ser protagonista para demostrar que o seu olfacto goleador segue intacto. O xogador granate botou unha falta desde o lateral que alcanzou as mallas da portería local logrando o seu segundo tanto no partido, o que supuxo o 1-3.
Pola súa banda, o Celta B non se quixo dar por vencido e recortou distancias cun gol de Alfon, poñendo o 2-3 co que se alcanzou o final do partido.
Con este resultado, o Pontevedra pon fin ao refacho de vitorias do Celta B, rival ao que terá que enfrontarse na terceira xornada de liga no Estadio de Pasarón.
Relacionadas:
-
Enganosa derrota ante o Deportivo dun bo Pontevedra (1-2)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Final de mercado sen sorpresas no Pontevedra e mirando cara a casa
Por Diego Espiño |
-
A pretempada do Pontevedra continúa cos amigables ante Deportivo e Compostela
Por Almu Dapena |
-
Suspendido o amigable entre UD Ourense e Pontevedra por un posible positivo en covid no conxunto ourensán
Por Almu Dapena |
-
Vitoria fronte ao Estradense (0-2) dun Pontevedra que suma tres de tres en pretempada
Por Redacción |
-
Estradense e UD Ourense, próximas paradas na pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra contacta cos seus socios para saber se querrán ir ao fútbol este ano e distribuilos no estadio
Por Manu Otero |
-
Suspendido o amigable entre Compostela e Pontevedra polo positivo en COVID dun familiar dun xogador santiagués
Por Diego Espiño |
-
Primeiro amigable e primeira vitoria para o Pontevedra, ao superar o Coruxo no Vao (0-1)
Por Diego Espiño |
-
Pasarón poderá contar cun aforo superior aos 1.000 espectadores recomendados polo Consello Superior de Deportes
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra iniciará a liga en Ferrol e espera a visita do Deportivo a Pasarón o 6 de decembro
Por Diego Espiño |