O Cisne buscará os dous primeiros puntos en casa fronte ao último clasificado, o Bada Huesca
Por Redacción
Conta atrás para o segundo partido en casa para o Dicsa Modular Cisne na máxima categoría do balonmán español.
O conxunto pontevedrés recibirá este domingo no Pavillón Municipal (17:00 horas, TVG2) ao Bada Huesca, equipo que aínda non conseguiu estrear a súa marcadora esta tempada e atópase no último posto da clasificación. O Cisne, pola súa banda, chega á cita con dous puntos no seu haber pero tratará de buscar a súa primeira vitoria diante dos 60 afeccionados que se acheguen a animar.
Non será un partido sinxelo. "A pesar de que en los tres partidos no han puntuado, se trata de un equipo peligroso, con varios jugadores extranjeros y plantilla larga", sinala o segundo adestrador cisneísta, Quiños. "Este año los partidos los han perdido de manera muy ajustada, no quiere decir que esos cero puntos que llevan es que no estén bien, sino que han tenido buenos rivales y partidos muy complicados que se han decidido al final de todo".
É por iso que o técnico destaca que terán que "tener paciencia en ataque y sobre todo estar muy concentrados en defensa para parar sus armas", entre os que destacan Asier Nieto, que defende no centro; Sasa Tioumentsev, veterano en liga e director de xogo; o lanzador zurdo, Alex Marcelo e o seu pivote, Iván Montoya, "que es muy complicado de defender y al que buscan mucho”.
Igual que ocorreu no anterior encontro, os socios que queiran acceder ao pavillón deberán presentar o carné e o DNI na porta e serán sometidos a un control de temperatura con motivo da situación sanitaria actual.
Relacionadas:
-
Golpe de realidade para o Cisne que se estrela contra un Huesca moi superior (24-31)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A falta de fol deixa o Cisne co mel nos beizos e cae co Anaitasuna por 26-21
Por Almu Dapena |
-
O Cisne estréase na casa con derrota fronte ao BM Puerto Sagunto (26-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne leva o derbi galego ante o Cangas e consegue a súa primeira vitoria en Asobal (26-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |