Támara Echegoyen regresa ao Top10 do Europeo de 49er FX tras conseguir un valioso quinto posto
Por Redacción
Támara Echegoyen e Paula Barceló escalaron ao Top10 no Europeo de 49 er tras conseguir un quinto posto na regata disputada este sábado en augas do lago Atter, Austria.
A parella galego-balear pasouno bastante mal na xornada onde a espera colleulles de cheo, tendo que pelexar unha e outra vez para conseguir unha saída válida. As subidas de vento e roles de 30-40 e ata 50º, puxéronlle as cousas complicadas ás campioas do mundo que, tras unha única manga, alcanzaron a meta en quinto lugar.
Esta boa posición permítelles regresar ao Top10 da clase, concretamente ao décimo posto tras descender na xornada anterior ao duodécimo.
Agora, o Campionato de Europa encárase cara á serie final, estando prevista a regata decisiva de peche o vindeiro domingo día 4 de outubro.
En canto á clasificación xeral, a primeira posición segue sendo das alemás Tina Lutz e Susann Beucke, seguidas das norueguesas Naess e Ronningen, e as italianas Omari e Distefano.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen: "Se hai só unha oportunidade de que haxa Xogos, temos que chegar o mellor preparadas posible"
Por Diego Espiño |
-
Escalada ata a quinta posición de Támara Echegoyen e Paula Barceló na xornada final do Europeo
Por Redacción |
-
Unha mala xornada fai caer a Támara Echegoyen ao duodécimo posto no Europeo de 49er FX
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, ante o Europeo: "É unha proba perfecta para seguir adestrando para os Xogos"
Por Redacción |