Empate agridoce para o Teucro na súa visita á UE Sarrià (24-24)
Por Almu Dapena
A Sociedade Deportiva Teucro segue sen coñecer a vitoria esta tempada. O cadro adestrado por Irene Vilaboa desprazouse a Xirona para enfrontarse á UE Sarrià en busca de dous puntos nun partido marcado polos contragolpes e a fortaleza defensiva de ambos os conxuntos.
As xogadas rápidas foron a tónica dos primeiros compases. O conxunto catalán abriu o marcador por partida dobre, poñendo un 2-0 que sorprendía ao Teucro nada máis comezar. Marko Dzokic marcaba o primeiro para os de Pontevedra, dando paso a uns ataques arroiadores que poñían aos seus por diante no marcador cun parcial 0-5 (2-5), obrigando ao ténico local a pedir tempo morto.
O parón deu resultado e o Sarrià volveu meter no partido recortando distancias para poñerse a tan só un tanto do rival (4-5). Samu Pereiro e Miguel Sío devolvían a vantaxe ao Teucro cando se chegaba ao minuto 10 (4-7).
A partir de aí chegaron os peores minutos dos de Irene Vilaboa, que non só vían como os cataláns igualaban a contenda, senón que daban a volta ao marcador para poñerse por diante, como ocorrera ao comezo do duelo (11-10, min. 20).
O seguintes catro minutos o marcador mantívose igual ata que Roi Sierra igualou para o Teucro, pero a precipitación nos lanzamentos devolveu a vantaxe ao Sarrià, que lograba unha vantaxe de dúas tantos a falta de tres minutos para a conclusión da primeira metade (13-11). Vilaboa paraba o cronómetro e Dzokic aproveitaba o ataque dos seus e anotaba o seu lanzamento.
Os locais fallaban o seu ataque, e quedaban cun menos pola exclusión de Josep Oriol. O colexiado pitaba sete metros e Cristian Remeseiro anotaba o lanzamento para devolver o empate co que se chegaría ao descanso (13-13).
A igualdade foi a tónica coa que comezou a segunda metade ata que no minuto 5, o Sarrià colleu as rendas e logrou un pequeno colchón de dous tantos que o Teucro non tardou en igualar grazas aos tantos de Remeseiro e Diego Martínez (17-17).
A exclusión de Remeseiro deixaba tocado ao conxunto pontevedrés, que se estrelaba unha e outra vez coa forte defensa do rival que apertaba o acelerador a base de contragolpes para distanciarse por dous goles (20-18, min 14).
A alegría duroulles pouco xa que os de Irene Vilaboa enseguida retomaron a iniciativa anotando un parcial de 1-5 (21-23) que os aferraba un partido cheo de idas e vindas. O técnico local víase obrigado a pedir tempo morto e serviulles para remontar a falta de 3 minutos para o final (24-23).
Chegou o minuto decisivo e Remeseiro anotaba desde os sete metros. O balón era para o Sarrià e o Teucro estaba obrigado a facerse fuerte en defensa, cometendo unha falta antirreglamentaria que o deixaba cun xogador menos a falta dun segundo, pero non había tempo para máis. O empate a 24 lucía no luminoso cando soou a bucina. Finalmente, repartición de puntos nun partido marcado polas tarefas defensivas de ambos os equipos.
Consulta as estatísticas da UE Sarrià-Sociedade Deportiva Teucro na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Tarde de terror para un Teucro negado ante un moi superior Barcelona B (47-24)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro viaxa a Barcelona na busca do seu primeiro triunfo
Por Redacción |
-
Un Teucro de dúas caras logra o empate no derbi ante o Atlético Novás (27-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Valioso empate do Teucro contra o Bordils, a súa segunda igualada consecutiva fóra da casa (25-25)
Por Almu Dapena |
-
Sen positivos por COVID no que ía ser o rival do Teucro esta fin de semana, o Sant Martí Adrianenc
Por Almu Dapena |
-
Aprazado o partido entre Teucro e Sant Martí Adrianenc por 7 posibles positivos en COVID no equipo catalán
Por Diego Espiño |
-
Ángel Iglesias volve ao Teucro para "echar una mano" ata final de ano
Por Diego Espiño |
-
A Xunta esixirá aos equipos galegos de ligas estatais realizar test serolóxicos cada dúas semanas
Por Redacción |
-
Mal comezo en liga para o Teucro, que non pode co Burgos e perde 25-27
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Teucro está listo para empezar a liga coa promesa de ser "un equipo diferente aos demais"
Por Manu Otero |