Dous postos de finalista, balance da Gimnástica no Campionato de España Sub-20 de atletismo
Por Redacción
O Estadio de Vallehermoso, en Madrid, acolleu o Campionato de España Sub-20 de atletismo os días 3 e 4 de outubro, con presenza de atletas da Sociedad Gimnástica.
Catro deportistas do club pontevedrés tomaron parte da competición, cun balance positivo ao lograr dous deles postos de finalista.
O mellor resultado foi o conseguido por Raúl Cortizo, ao ser sexto no concurso de salto de lonxitude cun mellor intento de 7.11 metros. Ese rexistro permitiulle pasar a mellora, pero nos seus tres últimos saltos non puido superarse. Trátase con todo da súa mellor marca persoal, aínda que lograda cun nivel de vento (3.7) que non lle dá validez.
Pola súa banda Cristina Garrido conseguiu unha meritoria sétima posición nos 100 metros lisos. A atleta da Gimnástica superou a semifinal cun tempo na súa serie de 12.62 segundos, mellorando lixeiramente a marca na final con 12.52.
Tamén competiron en Madrid Paula de la Torre e Alberto Pérez nos 800 metros lisos, ambos quedando sextos nas súas respectivas semifinais con tempos de 2:23.55 e 2:11.87.
Relacionadas:
-
A Sociedad Gimnástica incorpora oito atletas para manterse un ano máis en División de Honra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Campionato de España Sub-20, próximo reto para os atletas da Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica reformula a súa escola de atletismo para adaptarse ás restricións da COVID
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, da Gimnástica, prata no Nacional Sub23 celebrado en Sevilla
Por Redacción |
-
Dous atletas da Gimnástica conquistan o nacional de federacións autonómicas
Por Redacción |