Ángel Iglesias volve ao Teucro para "echar una mano" ata final de ano
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro e Ángel Iglesias volven unir os seus camiños.
O conxunto pontevedrés chegou a un acordo co extremo dereito coruñés para que reforce ao equipo polo menos ata final de ano, coincidindo con parón de Nadal.
"Nos va echar una mano de manera temporal", confirma un dos responsables da xestora teucrista, Jose Ameijeiras.
Iglesias desvinculouse a final da tempada do Sinfín cántabro, co que competiu as dúas últimas campañas na Liga Asobal, e volvera a Pontevedra para completar as prácticas da carreira universitaria que cursa actualmente.
"Ficho porque me ofrece a facilidade de compaxinar o balonmán e terminar os meus estudos universitarios", recoñeceu o extremo.
Ao estar sen equipo e querer manterse en forma, o xogador e o club achegaron posturas ata chegar a un punto de encontro, coa posibilidade de que poida renovarse no caso de que non lle xurdan opcións interesantes ao xogador na máxima categoría.
Trátase dunha incorporación que achegará un punto de experiencia a un plantel novo como a teucrista. "Yo creo que el equipo gana mucho", explicou Ameijeiras.
Ángel Iglesias xa vestira durante dous anos a camiseta do Teucro, tras aterrar no club no verán de 2016 procedente do Academia Octavio, sendo peza importante no equipo que logrou o ascenso á máxima categoría e logrou permanecer na mesma a seguinte campaña.
A intención do club é que poida estar xa dispoñible para a adestradora Irene Vilaboa no duelo da próxima fin de semana, na terceira xornada da División de Honra Prata que lles enfrontará ao Sant Martí Adrianenc no Municipal.
Relacionadas:
-
Ángel Iglesias desvincúlase do Teucro e apunta a reforzo do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Valioso empate do Teucro contra o Bordils, a súa segunda igualada consecutiva fóra da casa (25-25)
Por Almu Dapena |
-
Sen positivos por COVID no que ía ser o rival do Teucro esta fin de semana, o Sant Martí Adrianenc
Por Almu Dapena |
-
Aprazado o partido entre Teucro e Sant Martí Adrianenc por 7 posibles positivos en COVID no equipo catalán
Por Diego Espiño |
-
Empate agridoce para o Teucro na súa visita á UE Sarrià (24-24)
Por Almu Dapena |
-
Mal comezo en liga para o Teucro, que non pode co Burgos e perde 25-27
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Miguel Sio, Dzokic y Caue serán os capitáns do Teucro para esta tempada
Por Redacción |