Clubs e Federación, pendentes do protocolo da Xunta para poder iniciar a liga de Preferente o 29 de novembro
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) mantivo este mércores unha reunión cos 46 clubs que esta próxima tempada competirán en Preferente, na que se lles presentou a proposta federativa para iniciar a liga o próximo 29 de novembro.
Segundo o organismo federativo esa é polo menos a intención, aínda que supeditada á aprobación por parte da Xunta de Galicia do protocolo que presentará a RFGF, á evolución da pandemia e seguindo as indicacións das autoridades sanitarias. Ademais agardan que co paso das semanas prodúzase unha flexibilicación nas medidas establecidas para poder reducir os gastos que deberán asumir os clubs.
Neste sentido, a RFGF confía en poder aprobar o protocolo para mediados deste mes de outubro para que os equipos poidan ter unha marxe de seis semanas de pretempada.
No encontro, explica a Federación, máis do 60% dos equipos manifestaron o seu desexo de comezar a tempada a finais de novembro, mentres que o 13% asegura ter dúbidas e non mostrou a súa opinión.
Por outra banda a totalidade dos asistentes votaron en contra do uso da máscara durante a práctica deportiva e prefiren estudar medidas alternativas sempre que non supoñan un custo engadido.
FORMATO DE COMPETICIÓN
En canto ao formato de competición, unha vez que a primeira proposta ideada non se pode levar a cabo por falta de tempo, a comisión deportiva propuxo unha Preferente con tres subgrupos tanto na Zona Norte como na Zona Sur. Os Grupos A e B tanto do Norte como do Sur estarían formado por 8 equipos, mentres que o Grupo C tería 7 equipos.
No Preferente Sur quedarían encadrados o grupo da zona de Pontevedra (Céltiga, Umia, Cambados, Vilalonga, Sanxenxo, Portonovo, Beluso, Pontevedra B) e o grupo B da zona de Vigo máis o Moaña, ademais do C para equipos de Ourense e o Caselas.
Cada un destes subgrupos disputaría unha primeira fase a dobre volta e os dous primeiros clasificados lograrían o billete para loitar polo ascenso na segunda fase. O resto de equipos pelexarían por evitar o descenso.
Finalmente, os dous primeiros clasificados da fase de ascenso subirían a Terceira, mentres que catro equipos descenderían a Primeira Galicia.
Relacionadas:
-
Reparten máis de 2.500 test nos últimos tres días e tramitan un pedido de 4.000 para os clubs galegos de fútbol
Por Redacción |
-
A Federación Galega comprométese cos clubs a axudar a financiar os test e a figura do xefe médico
Por Redacción |
-
A Federación Galega de Fútbol lanza a súa proposta para Preferente e confía en poder iniciar a liga o 31 de outubro
Por Redacción |