Positivo primeiro test de pretempada para o Leis, superando ao Santiago Futsal (6-3)
Por Redacción
Pouco máis de 10 días de adestramentos bastaron ao Leis para deixar boas sensacións na súa estrea, o primeiro encontro de preparación dunha atípica e curta pretempada.
O pavillón pontevedrés de Monte Carrasco, en Marcón, foi o escenario do primeiro amigable dos de Mikel Destro, tendo como rival a un equipo de superior categoría como é o Santiago Futsal, da Segunda División.
O duelo comezou con dominio visitante, traducido nun 0-2 nos primeiros compases, pero o Leis recortou distancias e a punto estivo de empatar antes do descanso.
A igualada chegou ao comezo do segundo acto, respondendo o Santiago co 2-3.
De novo os pontevedreses puxeron o empate e agarráronse ao partido a pesar de colocarse moi pronto con cinco faltas. Esa situación permitiu aos visitantes varias opcións desde o dobre penalti. Non estiveron acertados e o que chegou foi a remontada final dun Leis que terminou vencendo por 6-3 grazas ao seu maior acerto desde os 10 metros, xa que os seus dous últimos tantos viñeron en accións de dobre penalti.
Un resultado e unha imaxe en todo caso que reforza ao Leis Pontevedra para unha Segunda División B que ten previsto iniciarse o próximo 24 de outubro, cunha primeira xornada na que recibirán na casa ao Cidade de Narón.
Relacionadas:
-
O Leis confirma un positivo por Covid-19 no seu plantel e solicita o aprazamento do primeiro partido de liga
Por Diego Espiño |
-
O plantel do Leis Pontevedra, en confinamento tras un positivo por covid-19 no Santiago Futsal
Por Diego Espiño |
-
O Leis comeza a preparar o inicio da liga
Por Redacción |
-
O Leis comezará a liga o 24 de outubro fronte ao Cidade de Narón
Por Redacción |
-
A RFEF divide o fútbol sala en subgrupos: o Leis competirá nun grupo autonómico e O Fisgón, contra galegas e salmantinas
Por Manu Otero |