Valioso empate do Teucro contra o Bordils, a súa segunda igualada consecutiva fóra da casa (25-25)
Por Almu Dapena
A Sociedad Deportiva Teucro desprazouse esta fin de semana a Xirona para disputar, no Pavelló Blanc I Verd, a cuarta xornada de liga fronte o Bordils.
Os de Pontevedra, que non disputaran o partido da xornada anterior por un posible caso de covid no equipo contrario, saíron durmidos á cancha. Aínda que anotaron o primeiro lanzamento para poñer o 0-1 no marcador, o rival respondeu cun parcial de 3-1.
As imprecisións por parte de ambos eran constantes pero máis no Teucro, que vía como o rival se seguía afastando con dous tantos máis, mentres eles chocaban unha e outra vez contra o muro rival (5-1), obrigando a Irene Vilaboa a pedir tempo morto.
Foi nese momento, aos 10 minutos de partido, cando Diego Martínez anotou de novo para os de azul, rompendo a vantaxe local e así meter aos seus de novo no partido,que lograron un parcial de 2-4 que os poñía a tan só dous goles do rival (7-5).
O Teucro sufría proque non atopaba espazos entre a defensa rival, mentres o contrario aproveitaba os potentes lanzamentos desde o exterior de Arnau Palahi e así manter o seu pequeno colchón de dous goles. Con todo, a falta de 10 minutos para chegar ao descanso, o Teucro empezou a xogar de ti a ti e así dar a volta ao marcador e poñer o 11-13 co que finalizou a primeira metade.
Tras o paso polos vestiarios chegou a tónica da igualdade. Cada gol anotado polos de Pontevedra, era respondido polo Bordils, que foi capaz de poñerse de novo por diante no marcador tras tres erros en ataque do rival (min 8, 16-15). De novo, ataque marcaba un equipo, transformábase noutro gol do equipo contrario.
Ambos os conxuntos precipitábanse errando nos seus ataques foi así como no minuto 20 da segunda metade, o Teucro volveu poñerse por diante no marcador grazas ao gol de Caue Herrera (21-22).
Co 22-23 no luminoso, o Bordils pedía tempo morto e así reordenar as ideas dos seus e igualar a contenda. Con todo non só igualaron, senón cun parcial de 2-0 puxéronse por diante cando quedaban 5 minutos para a conclusión, pero os de Irene Vilaboa repuxéronse do golpe para, cun gol de Samuel Pereiro e outro de Miguel Sío, poñer o 24-25.
Non quedaba tempo para moito máis, pero o conxunto xironés non desaproveitou o seu ataque e puxo o 25-25 para que, acto seguido, ambos os técnicos solicitasen tempo morto e xogala todo a unha. Ningún dos dous tivo fortuna e finalmente o partido concluíu en empate.
Con este resultado o Teucro segue sen coñecer a victoria esta tempada, sumando o segundo empate consecutivo no que vai de liga.
Consulta as estatísticas do Bordils-Teucro na seguinte ligazón
Relacionadas:
-
Tarde de terror para un Teucro negado ante un moi superior Barcelona B (47-24)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro viaxa a Barcelona na busca do seu primeiro triunfo
Por Redacción |
-
Un Teucro de dúas caras logra o empate no derbi ante o Atlético Novás (27-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Fomentar a actividade física entre o alumnado de Primaria, obxectivo dunha campaña impulsada polo Teucro e o Concello
Por Redacción |
-
Sen positivos por COVID no que ía ser o rival do Teucro esta fin de semana, o Sant Martí Adrianenc
Por Almu Dapena |
-
Aprazado o partido entre Teucro e Sant Martí Adrianenc por 7 posibles positivos en COVID no equipo catalán
Por Diego Espiño |
-
Ángel Iglesias volve ao Teucro para "echar una mano" ata final de ano
Por Diego Espiño |
-
Empate agridoce para o Teucro na súa visita á UE Sarrià (24-24)
Por Almu Dapena |