Un erro defensivo condena o Arosa fronte o Arenteiro (0-1)
Por Almu Dapena
Primeiro partido oficial do Arosa esta tempada na súa andaina por Terceira División. O estadio da Lomba acolleu o enfrontamento do conxunto arlequinado fronte ao Arenteiro, equipo que aspira a estar nos postos altos da táboa.
O partido comezou cómodo para os visitantes, que acumularon moitos homes no interior evitando así que os de Rafa Sáez atopasen ocos polos que penetrar. Desta maneira, o técnico pediulle aos seus que buscasen enviar balóns polo exterior cos que facer dano ao seu rival.
Foi dese xeito como chegou a primeira ocasión clara para o Arosa, que comezou a presionar moi encima ao seu rival sen ceder ningún espazo e obrigándolle a xogar en longo. Os balóns collíaos todos o Arosa que se atopaba máis seguro cada vez que pasaban os minutos manténdose moi solventes en defensa e afastando ao Arenteiro da súa área.
Con todo, foi precisamente cun balón longo como chegou o gol do conxunto do Carballiño. No minuto 33 un erro do Arosa nun balón dividido e mal medido ocasionou que o Arenteiro adiantásese no marcador. O porteiro visitante, ante a imposibilidade de xogar en curto, pasou o balón desde a súa área a Rubén Arce, que sen pensarllo dúas veces enviou o esférico á rede por encima dun Manu Táboas que saíu indeciso.
O duelo en canto a xogo estaba nivelado, cun Arosa que apenas xeraba ocasiones pero que calquera erro, tal e como ocorreu, podía decantalo para un ou outro.
Tras o descanso Rafa Sáez tiña que mover ficha se quería atopar o empate. Chamou a Jorge Fajardo e Yoel Sanabria, que entraron por Cotilla e Javi Fontán, metendo así máis pólvora en ataque.
O Arenteiro seguía facendo do súas pero o cansazo empezou a facer efecto cando se alcanzaba o minuto 65. Pola súa banda, o Arosa tentaba facer dano a balón parado ante a imposibilidade de trenzar ningunha xogada.
Entrábase no últimos cinco minutos e o partido estaba moi quente. O empate puido chegar para os de Vilagarcía tras un centro de Fajardo, pero o balón paseouse por diante da portería visitante. Pouco despois, no tempo de desconto, o Arosa volveu tentalo no lanzamento dun córner que repeleu a defensa rival.
Finalmente, 0-1 no luminoso e primeira derrota da tempada para o Arosa. A próxima xornada os de Rafa Sáez enfrontaranse á UD Ourense no Couto.
Consulta a acta do partido Arosa-Arenteiro na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Arosa sofre pero vence o Barco para colocarse líder de Terceira (0-2)
Por Redacción |
-
O dianteiro Grego incorpórase ao Arosa como cedido ata o inicio da liga en Preferente
Por Redacción |
-
Remontada do Arosa fronte ao Ourense para sumar tres puntos máis (2-1) e o Ribadumia cae pola mínima na súa visita ao Atios (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Arosa e Ribadumia suman tres puntos tras vencer a UD Ourense e Choco
Por Redacción |
-
Fran Fandiño dálle ao Ribadumia unha importante vitoria en Ourense (1-2)
Por Redacción |
-
O último amigable do Arosa sáldase cun empate 'in extremis' fronte ao Bergantiños (2-2)
Por Almu Dapena |
-
Sorteado o calendario de Terceira: O Arosa debuta na casa contra o Arenteiro, o Ribadumia visita ao Ourense CF
Por Manu Otero |