Dous novos positivos por Covid no Cisne despois de 12 días de confinamento
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A situación complícase para o Dicsa Modular Cisne. O conxunto pontevedrés sumuo este luns dous novos casos positivos por Covid no seu plantel.
Os xogadores do cadro pontevedrés acumulan este luns 12 días de confinamento tras coñecer os contaxios de coronavirus no seu último rival na liga Asobal, o Cuenca, e estaban á espera da orde de Sanidade para volver á normalidade e retomar así os adestramentos.
Aínda que nas primeiras instrucións recibidas, en especial tras confirmarse o contaxio dun dos seus xogadores, fixaba en 10 días o período de illamento, os xogadores do Club Cisne continúan nos seus domicilios e adestrando desde casa seguindo os exercicios expostos polo preparador físico Alberto Mouriño.
Ese prazo cumpriuse a fin de semana, pero a Consellería de Sanidade confirmou que será necesaria unha segunda rolda de probas PCR para comprobar o estado do plantel, unhas probas que salvo excepcións seguen sen ter data.
Á primeira hora deste luns só dous xogadores pasaran o novos test, e ese resultado foi de positivo para sorpresa do club, mentres que o resto de integrantes do equipo non tiña data para someterse ás PCR.
Ante esta situación víronse obrigados a solicitar ao Comité de Competición o aprazamento da próxima xornada de liga, a que debería enfrontarlles a domicilio ao Guadalajara o vindeiro sábado 24 de outubro (20:00 horas).
A única noticia positiva para o Cisne é que o xogador contaxiado inicialmente tras o duelo contra o Cuenca "xa non ten síntomas e está perfectamente", confirman desde o club.
Relacionadas:
-
O Cisne ve a luz ao final do túnel: 16 probas negativas e volta aos adestramentos o luns 26
Por Diego Espiño |
-
Seguen subindo os positivos por Covid no Cisne, con 6 contaxiados e aínda 8 probas por realizar
Por Redacción |
-
Os contaxios por Covid no Cisne ascenden xa a 4 con medio equipo á espera dos resultados das súas PCR
Por Diego Espiño |
-
David Chapela decide deixar o balonmán tras o confinamento do Cisne: "Non podo volver pasar por isto"
Por Diego Espiño |
-
Ascenden a 16 os positivos por Covid-19 no Balonmano Ciudad Encantada despois de xogar en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Jabato, sobre o uso de máscaras no balonmán tras o positivo en COVID do xogador do Cisne: "no es una opción"
Por Almu Dapena |
-
Alarma no Cisne polo positivo en COVID dun dos seus xogadores
Por Almu Dapena |
-
Suspendido o Logroño-Cisne polo confinamento do equipo pontevedrés e no aire a seguinte xornada por 17 positivos en COVID no Nava
Por Diego Espiño |
-
Inquietude no Cisne polos síntomas compatibles con COVID de varios xogadores do Cuenca tras xogar en Pontevedra
Por Diego Espiño |